HomePolíticaMoción do PSOE de Chantada sobre os recortes educativos no IES Val...

Moción do PSOE de Chantada sobre os recortes educativos no IES Val do Asma

Lembran os socialistas que as alarmas saltaron cando o equipo directivo mantivo unha xuntanza informal con representantes da Xunta de Galicia e foron informados da fusión das ensinanzas da ESO e Bacharelato no IES Lama das Quendas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fusión afectaría a 128 alumnos que se verían forzados a desprazarse a outro centro, posiblemente xa no vindeiro curso. “Consideramos este feito un atropelo sen parangón á veciñanza de Chantada e Carballedo. O Partido Popular actúa con nocturnidade e alevosía contra o noso concello e, polo tanto, contra a mocidade que vive no rural galego, a pesares de fachendear co slogan ruralízate”, sinalan os socialistas.

A comunidade educativa segue sen ter ningunha certeza e moitas incógnitas sobre o futuro dun centro que proporciona ademais ensino en ciclos formativos “e que, paulatinamente, recibe negativas por parte da Xunta de Educación para ampliar a súa oferta. Ó xa extinguido Ciclo de Turismo, engádese a negativa a ofertar en Modalidade Ordinaria o Ciclo Superior de Márketing e Publicidade ou o Ciclo Medio de Xestión Administrativa, ambos solicitados polo centro. Que é o que pretenden facer en realidade? Ao peche de ESO e Bacharelato engaden a desaparición da Formación Profesional, ignorando as necesidades de emprego , formación e as estructuras socioeconómicas de Chantada e da súa comarca.”

O PSdeG xa levou esta preocupación ó Parlamento Galego e aseguran que recibiron a calada por resposta. Agora na moción municipal solicitan:

  • Manifestar o rexeitamento á fusión da ESO e Bacharelatono IES Lama das Quendas
  • Esixir á Consellería de Educación un proceso de diálogo permanente cos equipos directivos destes centros e cos representantes de pais e nais, no cal se informe con transparencia dos plans da Xunta e se analicen os pros e contras tendo en conta a opinión manifestada pola comunidade educativa.
  • Demandar a ampliación e oferta en Formación Profesional do IES Val do Asma que debe contemplar a demanda e necesidade estructural, social e económica da nosa comarca. Algúns dos ciclos considerados imprescindibles deberían incluír a formación sociosanitaria, a integración social e a viticultura e gandaría.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...