HomePolíticaOs socialistas de Pantón reclámanlle ao concello que baixe o IBI para...

Os socialistas de Pantón reclámanlle ao concello que baixe o IBI para aliviar as economías familiares

Os socialistas defenden esta proposta xa que remarcan que “esta diminución non supón unha grande cantidade económica para as arcas municipais, pero sen embargo sería unha medida positiva e dun gran alivio para a economía de moitas familias do concello de Pantón”, advirten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas de Pantón defenderán unha moción na vindeira sesión plenaria, coa que reclaman ao PP a baixada do IBI, diminuíndo o tipo de gravame ao 0,49% tanto para bens inmobles de natureza urbana como para os de natureza rústica. Xa que segundo sinalan “o tipo mínimo establecido por lei que sería dun 0,3% para os inmobles de natureza rústica e un 0,4% para inmobles de natureza urbana”.

“Presentamos esta proposta tras escoitar as peticións de moitos veciños e veciñas coas que nos explican o encarecemento das súas economías así como os dos seus ingresos, o que conleva unha minoración da súa capacidade adquisitiva debido aos problemas ocasionados pola pandemia, aos que agora tamén se uniron a guerra con Ucraína”, argumentan os socialistas de Pantón.

“Nestes intres tódalas administracións públicas, tanto concellos, a deputación, a Xunta e o Goberno Estatal, deben arrimar o ombreiro para saír adiante neste difícil momento. Ninguén pode quedar atrás, por iso, as familias de Pantón deben contar tamén”, din dende o PSdeG.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...