HomePolíticaArranxo Xa! Non queremos remendos

Arranxo Xa! Non queremos remendos

O BNG do Saviñao comeza unha campaña para demandar o arranxo da LU-4102 Escairón - Currelos.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña que ten por lema“Arranxo Xa! Non queremos remendos”, ademais de trasladar á cidadanía a situación desta estrada a través dos medios, tamén inclúe pegada de carteis, recollida de solicitudes a través de change.org e a presentación dunha iniciativa no Pleno da Deputación deste mes.

A estrada LU-P-4102 ao seu paso polo Saviñao une as dúas poboacións  máis importantes do concello,  Escairón e Currelos. Actualmente o seu firme atópase  en moi mal estado nun tramo aproximado de 8 km, entre Salcedo e Córneas, poñendo en perigo a seguridade dos seus usuari@s.

Desde o BNG do Saviñao aseguran que o estado da estrada deteriora os neumáticos e sistemas de amortiguación dos vehículos e afecta notablemente á seguridade na condución. Para o BNG esta é unha proba máis do abandono do interior de Galicia por parte das administracións.

Cartel campaña / BNG O Saviñao

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...