HomePolítica"Precisamos dunha tarifa eléctrica galega que recoñeza o noso estatus de produtores",...

“Precisamos dunha tarifa eléctrica galega que recoñeza o noso estatus de produtores”, afirma Carme Aira no Incio

Enmarcado na campaña O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro, o BNG presentou as súas propostas sobre a situación eléctrica en Galicia, fíxoo con dous encontros na Pobra do Brollón e no Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Incio, a deputada, Carme Aira, estivo acompañada polo consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe e Xosé Moscoso, representante do BNG no Incio.

Carme Aira afirmou que “é preciso poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega que recoñeza o noso estatus de produtores de enerxía para o resto do estado”, e engadiu “as galegas e galegos non podemos pagar a luz máis cara do estado”. Aira destacou que “a luz é un servizo básico, non un artigo de luxo”

O BNG propón medidas para que a riqueza eléctrica repercuta en beneficio das familias, da clase traballadora e das empresas para crear emprego. Medidas como a tarifa eléctrica galega, a creación dunha empresa pública de enerxía que asuma as concesións hidroeléctricas a medida que vaian caducando, ou que a instalación de novos parques eólicos se vincule a proxectos industriais que xeren emprego, son as propostas do BNG para poñer freo á suba do recibo da luz.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...