HomePolítica"Caciquismo" na Deputación para arranxar as estradas provinciais, denuncia Por Chantada

“Caciquismo” na Deputación para arranxar as estradas provinciais, denuncia Por Chantada

Por Chantada considera que o estado das estradas de titularidade do ente provincial é vergoñento e "as formacións que gobernan a Deputación (PSOE e BNG) teñen que pórse mans á obra con carácter inmediato."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza das parroquias de Chantada está farta de transitar por estradas desfeitas, que estragan rodas e producen reparacións mecánicas continuamente, aseguran desde Por Chantada, “os parches que se fan tarde, mal e arrastro non duran nin meses polo que a supervisión das actuacións ou é deficiente ou se toma o pelo aprobando este tipo de actuacións que supón, na práctica, tirar cos cartos públicos”. Consideran que a Deputación en lugar de evitar denostar o interior galego, “castiga a Chantada o que unido ao desleixo municipal fai que as perspectivas do porvir para a nosa comarca sexan sombrías”.

“Non pode ser que o estado dalgunhas pistas da provincia sexa perfecto e noutras non se poda transitar, coincidindo curiosamente coas dos concellos aos cales pertencen os principais cargos políticos da Deputación. Iso ten un nome, o mesmo que tiña nos tempos de Cacharro Pardo: caciquismo”, sinalan desde Por Chantada.

Consideran que as formacións políticas non poden lembrarse de facer arranxos só en período electoral, cando hai fochancas de varios centímetros de fondura. En Chantada, entre moitas outras, aseguran urxe actuar na:

  • Lu-P-1801 Chantada- Nogueira (sen arranxar desde Santiago Darriba).
  • Lu-P-1002 San Amaro-Esmoriz: San Lucas – Quintela, Comezo – Esmoriz e Requeixo –

Lembran desde Por Chantada que en xullo do 2020 presentaran unha moción para demandar o arranxo das estradas do municipio e acordouse crear unha comisión municipal para decidir o arranxo das pistas, segundo o seu deterioro, pero o acordo non se executou “porque o goberno de Lorenzo Varela prefire seguir criterios opacos e abusar do contrato menor coa súa habitual falta de transparencia e eficiencia”, aseguran.

Por Chantada reivindica un Concello ao servizo da veciñanza “e con ese horizonte seguiremos traballando mentres as actuais administracións castigan o rural de Chantada e non nos permiten albiscar porvir nin construír futuro”, conclúen.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...