HomesociedadeA situación do conflito de Ucraína protagoniza unha palestra o día 7...

A situación do conflito de Ucraína protagoniza unha palestra o día 7 en Monforte

A actividade organizada por Galiza Nova e a A.C. A Xacia consistirá nunha palestra para analizar a situación en Ucraína, será o día 7 de maio ás 19.30 no centro do viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Intervirá o analista internacional, Duarte Correa. Desde a organización do evento indican que esperan unha “boa presenza de xente dado o interese da temática” ademais da “necesidade de coñecer de man de expertos como Duarte Correa o que realmente está a acontecer en Ucraína”. Analizaranse tamén as consecuencias que a guerra está a ter e seguirá tendo para a Galicia.

A respecto de Duarte Correa, é analista internacional, diplomado en maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Actualmente traballa domo profesor no ensino secundario. É un dos maiores coñecedores do contexto internacional actual e ten participado como representante do nacionalismo galego en diversos congresos, encontros e seminarios internacionais en países de Europa e América Latina.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...