HomePolíticaV Asemblea de Interior Galego Vivo, o 7 de maio en Antas...

V Asemblea de Interior Galego Vivo, o 7 de maio en Antas de Ulla

O vindeiro sábado, 7 de maio, en Antas de Ulla, celébrase unha nova xuntanza do movemento cidadán Interior Galego Vivo (IGV), que leva desde 2015 organizando a "revolta das comunidades do interior galego coa a firme vontade de avanzar o camiño sumando desde a humildade e a transversalidade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 4 de maio do 2019, en Belesar, dez candidaturas municipalistas do interior galego comprometíanse de xeito público a traballar cooperativamente en alternativas de vida e traballo digno para as comarcas do interior galego. Dende aquel entón, o colectivo non deixou de medrar e comezou a promover e integrar diferentes liñas de traballo a través da colaboración entre os diferentes concellos con representación na plataforma.

Interior Galego Vivo (IGV) preséntase como punto de encontro das xentes, de agrupacións locais e asociacións polo dereito á vida digna no interior galego, “Unha formación social e política para facer fronte ao despoboamento que induciron nas nosas parroquias e vilas do interior; para confrontar os desequilibrios territoriais; para deterasagresións ao territorio e pular pola mellora da súa ordenación; para denunciar a mingua ousupresión de servizos nas nosas comarcas envellecidas, que deterioran as condicións de vida das nosas xentes e que negan oportunidades formativas e laborais á nosa mocidade“.

Nesta V asemblea de Antas priorizarase a construción dunha ferramenta organizativa fexible, sinalan “É vital tecer rede con diferentes colectivos e persoas e construír unha organización cunha dinámica regular que elabore na praxe un programa común e alternativas para actuar na instancia política a prol da nosa xente e da nosa Terra.”

Nas mesas temáticas que se realizarán, e nas cales calquera persoa pode participar para ofrecer propostas, falarase de: agrogandaría, coidados, vivenda, transporte, fondos next generation, lecer, xuventude, soberanía alimentaria… Cada mesa aborda varios temas que comparten aspectos entre sí, para que, dese xeito, tamén as propostas verquidas poidan ser entendidas dun xeito global. Xa á tarde, a xuntanza rematará cunha posta en común de conclusións do traballo da mañá e tamén unha pequena camiñada polas terras da Ulloa.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...