HomePolíticaUn plan de continxencia que mitigue os efectos da peor seca en...

Un plan de continxencia que mitigue os efectos da peor seca en décadas, demanda de Por Chantada

Desde Por Chantada demandan ao Concello de Chantada, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e á Xunta que comecen xa a traballar nun plan de continxencia coordinado que mitigue os efectos da peor seca en décadas, "pois de non faceren nada as restricións poden atinxir a auga potable e comprometer seriamente a vida da veciñanza", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O inverno e a primavera foron excepcionalmente pobres no tocante a precipitacións e, se o verán continúa por este camiño, pódense dar dificultades nas traídas veciñais. Por Chantada prioriza, ademais a salvagarda da cada vez máis escasa auga potable, “xa que os nitratos e outras polucións comprometen seriamente que no país dos mil ríos haxa auga que poidamos beber sen risco para a saúde humana e animal.”

Pídenlle ao Goberno local que comece a facer política preventiva, aconsellando un uso racional da auga e “predicando co exemplo, cómpre vixiar que non se volvan producir vendas de auga por parte da concesionaria sen coñecemento, aparentemente, por parte do Goberno local. Neste sentido, debemos volver lamentar o uso de glifosato na vila de Chantada aínda esta mesma semana, a crónica insuficiencia da depuradora que non se atende desde as diferentes administracións ou a ausencia de separativo de pluviais e fecais en amplas zonas da vila. Cando nos deamos de conta do mal que estamos tratando o medio e as reservas hídricas pode ser xa tarde demais.”

Chantada maio 2022 / Por Chantada

Por Chantada fai un chamado á Confederación Hidrográfica a vixiar o impacto ambiental e social dos pantaláns e embarcacións que están autorizando e consideran que se debería elaborar un estudo muldisciplinar.

“As institucións serias deberían actuar xa, pois a seca é evidente e fai prever unha época estival moi complicada en canto a fornecemento de augas, mais tamén para os incendios”, demandan á Xunta un reforzo dos servizos de extinción e aumentar as dotacións para rozado mecánico e manual de xeito preventivo, así como revisar as infraestruturas de fornecemento de auga en caso de lume.

“Se non actuamos agora o cenario máis plausíbel será un verao con restricións no consumo con consecuencias para a hostalería, as piscinas municipais ou mesmo as exploracións agrogandeiras”, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demandará no pleno o correcto mantemento do Miradoiro do Duque

A riqueza paisaxística de Monforte atrae cada ano a milleiros de turistas desexosos de...

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...