HomePolíticaRecupéranse as paradas en Quiroga do servizo de bus O Barco-Ourense

Recupéranse as paradas en Quiroga do servizo de bus O Barco-Ourense

Desde o BNG de Quiroga lembran que a principios de abril deste 2022 recibiron queixas veciñais en relación á supresión de paradas de autobús no servizo que fai o percorrido O Barco-Ourense, concretamente no tramo que transcorre polo Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As paradas que non constaban nin como paradas oficiais nin tan sequera como “paradas baixo demanda” eran as seguintes: Montefurado, Bendilló, Paradaseca-Sequeiros, Os Novais, O Nocedo e Freixeiro. Nesta situación, o BNG de Quiroga dirixiuse ao Servizo de Mobilidade de Ourense –Consellería de Infraestruturas e Mobilidade– solicitando se tivera por presentado o escrito dando traslado da situación que xerou queixas dalgúns veciños e veciñas, e tamén pedindo que se incluíran as paradas xa comentadas no servizo de autobús que fai o traxecto O Barco-Ourense.

Semanas despois, o Concello de Quiroga anunciaba que realizara tamén unha xestión coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia solicitando tamén a recuperación das paradas e segundo sinalaba tamén no seu comunicado, o servizo nas paradas indicadas sería recuperado.

Nestas alturas do mes de maio o BNG comprobou que as paradas foron xa incorporadas ao itinerario tendo a día de hoxe activas todas as posibles dentro do termo municipal de Quiroga. Esas paradas son: San Martiño de Alvaredos, Montefurado, Vilaster, Bendollo, Sequeiros, Os Novais, Quiroga, O Nocedo, Augas Mestas, Freixeiro e Conceado.

Deste xeito, e tras ambas xestións, a do BNG de Quiroga e a do Goberno Municipal de Quiroga, recupéranse como paradas oficiais, e sen necesidade de ‘pedilas a demanda con antelación’, Montefurado, Vilaster-Bendilló, Sequeiros-Paradaseca, Os Novais, O Nocedo e Freixeiro.

A información xa aparece na web da empresa concesionaria do servizo de autobús O Barco-Ourense e “agora procederemos a informar á veciñanza e a poñer nas paradas os paneis que detallan paradas e horarios”, sinalan desde o BNG.

ÚLTIMAS

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...

Quiroga eleva o nivel da súa ‘Mostra do Aceite’ cun congreso e chefs como Javier Olleros, con 2 estrelas Michelín

Esta fin de semana Quiroga exaltará o seu Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)...

Concentracións no Centro de Saúde de Monforte polas agresións verbais ao persoal

Co lema “Coida a quen te coida. Stop agresións”, demandan rematar coa violencia verbal...