HomePolíticaEspertaMonforte! demanda aumento de prazas na Gardaría Municipal

EspertaMonforte! demanda aumento de prazas na Gardaría Municipal

EspertaMonforte! presenta ao pleno desde luns no concello, unha moción para aumentar a oferta de prazas da gardaría municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EspertaMonforte! asegura que a pesar da perda de poboación, a gardaría carece de prazas para atender toda a demanda “e moitos pequenos da cidade carecen de prazas polo que teñen que buscar en gardarías privadas ou acudir a municipios limítrofes”.

O servizo de gardaría é dos máis demandados no concello, “un servizo que lle costa á administración local uns 100.000 euros, 3 veces menos que o servizo de piscina, similar ao prezo de 3 marcadores electrónicos e moito menos que outras partidas destinadas a fins máis prescindibles que a atención educativa dos pequenos e a conciliciación das súas familias”, asegura Esperta. Para o aumento de prazas, EspertaMonforte! suxire abrir unha nova gardaría ou ampliar a existente.

EspertaMonforte! tamén preguntará no pleno que previsións de recadación ten o concello coa posta en marcha das cámaras instaladas nas rúas da cidade.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...