HomePolíticaPresentados catro proxectos de melloras en vías e infraestruturas de Monforte

Presentados catro proxectos de melloras en vías e infraestruturas de Monforte

Trátase de obras de mellora en vías e camiños de titularidade municipal, actuacións de reparación da ponte de madeira do Malecón e acondicionamento dunha parcela municipal no parque de Cobas. Estímase que o investimento total alcance os 200.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer este mércores 1 de xuño varias actuacións que se van realizar na cidade. Trátase de obras de mellora en vías e camiños de titularidade municipal, así como reparacións e acondicionamento de infraestruturas tamén municipais. Segundo adiantou o rexedor, levaranse a cabo nos vindeiros días e que alcanzan preto dos 200.000 euros de investimento.

As actuacións comprenden, no que se refire vías e camiños, a renovación dun tramo da rúa Veiguiña, na que se construirán novas beirarrúas, da rúa Marcial de Valladares e da rúa Frai Martín Sarmiento; e do Camiño das Bestas, no que se renovará o seu firme.

O Concello tamén acometerá a reparación da Ponte de madeira do Malecón e o acondicionamento e peche dunha parcela propiedade municipal, ubicada na zona do Parque de Cobas. Esta ´última actuación forma parte da estratexia de ampliar dito parque e de retirar un establo en pésimas condicións –que era ata non hai moito de titularidade privada– e que se ubica na zona de ampliación deste importante espazo verde monfortino.

Ponte e madeira do Malecón / XdL

COMPROMISO E NOVOS PROXECTOS EN CARTEIRA

O Alcalde destacaba na presentación á prensa que “continuamos co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.

Concluíndo a súa intervención dixo que “en próximas datas, iremos dando a coñecer outros proxectos importantes para seguir mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...