HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón urxe á retirada de residuos...

O PP da Pobra do Brollón urxe á retirada de residuos en Abrence

O voceiro do Grupo Municipal Popular da Pobra do Brollón, Fernando Parada, urxe ao goberno local a realizar as xestións necesarias para retirar os residuos voluminosos depositados nun punto situado na marxe dereita da N-120 en dirección Quiroga ao seu paso pola localidade de Abrence.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP cre que o goberno local debe actuar de forma urxente para evitar que “a aparición de puntos de acumulación de lixo e distintos tipos de residuos chegue a converterse nun vertedoiro incontrolado que poida supoñer un problema de seguridade e salubridade”. Tamén amosan a súa preocupación polo risco de incendios.

O Grupo Municipal Popular sinala que, ademais dun problema medioambiental e para a saúde, tamén constitúe “unha mala imaxe para o noso concello”. Parada insta, polo tanto, ao goberno local a realizar “as xestións ante as distintas administracións que sexa necesario para solucionar este problema canto antes”.

O popular defende, ademais, que “o goberno local debe ofrecer aos veciños a colaboración necesaria para a recollida de residuos voluminosos” e, incluso, “tomar todas as medidas que estean nas súas mans para asegurarse de que todos coñezan as distintas posibilidades das que dispoñen para depositar este tipo de residuos sen prexudicar ao medio ambiente e a imaxe do noso concello”.

ÚLTIMAS

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

O Concello de Monforte presume de 'Escoba de Platino', un galardón outorgado pola Asociación...

Campo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería e Hospital

O campo de voluntariado está promovido polo Concello do Incio, conta coa colaboración de...

O 30 de maio festa romana en Proendos coa celebración da I Floralia para poñer en valor este xacemento

A celebración toma o nome das antigas 'floralias', as festas romanas dedicadas á exaltación...

Monforte licita tres novas melloras de rúas en Calvo Sotelo, Montepando-Bouza Brey e Ribas Altas

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á licitación destes tres...