HomePolíticaManuel Lorenzo Varela, elixido presidente do PP de Chantada

Manuel Lorenzo Varela, elixido presidente do PP de Chantada

Manuel Lorenzo Varela vén de ser elixido presidente do PP de Chantada por aclamación no congreso local. O popular sinalou que este cónclave serve “para unir aínda máis a todas as sensibilidades do centro-dereita de Chantada. Estou convencido de que, efectivamente, será así e o partido chegará as próximas eleccións municipais en condicións de conseguir unha maioría aínda máis ampla da que ten na actualidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, puxo en valor “o compromiso indiscutible” de toda a candidatura, cuxo traballo reverterá, dixo, “en seguir facendo deste municipio un referente no esplendor e oportunidades socioeconómicas que ofrece toda a Ribeira Sacra. Son homes e mulleres con experiencia e, que por riba de todo, queren o mellor para o seu concello”. Elena Candia púxose a disposición do novo equipo para que no 2023 “Chantada siga estando gobernada polo Partido Popular porque, se algo é totalmente comprobable e constatable, é que os grandes avances, os grandes proxectos e as grandes obras, teñen o selo dos gobernos do PP”.

Varela sinalou que “o equipo directivo que sae do congreso ten como obxectivo crear as condicións para que dende o Concello sexa posible avanzar aínda con máis rapidez na mellora das infraestruturas e servizos de Chantada, e facelo da maneira máis satisfactoria para toda a sociedade chantadina.”

Manuel Lorenzo Varela / PP

O tamén alcalde destacou a importancia do traballo efectuado nos últimos anos, despois de superar as graves dificultades que atoparon no ano 2011 ao retornar á alcaldía. “Entre 2011 e 2016 foron anos moi difíciles, por distintos motivos, entre eles pola situación na que o anterior equipo de goberno deixou o Concello. Foi necesario facer un plan de reaxuste. Agora o Concello está en moi boas condicións”. Varela resaltou a mellora de infraestruturas eléctricas e o éxito do polígono industrial, a tal punto que pronto terá que ser obxecto dunha ampliación. Neste senso, lembrou tamén as melloras no pavillón polideportivo, no campo de fútbol, nos paseos fluviais e nas zonas axardinadas. Satisfeito co resultado da feira do viño deste ano, celebrada en fecha inusual, espera que a da próxima edición recupere as datas tradicionais. E anuncia que as festas de agosto deste ano “probablemente terán o mellor programa da historia das festas de Chantada”.

A lista

A lista que se presenta ao congreso para dirixir o partido durante os próximos anos está encabezada por Manuel Lorenzo Varela Rodríguez e intégrana: Blanco Vilela, Arturo; Carnero Blanco, Cándida; Diéguez Carballo, Manuel; Diéguez Fernández, Juan Alberto; Eiriz López, Rosa María; Fernández Águila, Pamela; Fernández Francisco, Luis, Fernández Ledo, Erica; Fernández López, Concepción; Fernández Reinoso, Ramón; González Vilela, Ana; López Abella, Susana; López Viana, Javier; Méndez Fernández, José Antonio; Otero Veiga, Diego; Quintana Fernández, Rubén, Rodríguez Medela, Javier; Vila Lamazares, Patricia; Vázquez Doval, Rubén.

A lista, segundo explica Manuel Lorenzo Varela, reflicte ao PP e á sociedade chantadina, tanto dende o punto de vista das idades dos seus membros, como polas súas ocupacións e preocupacións.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...