HomePolíticaO BNG avoga pola supresión das barreiras arquitectónicas en Monforte

O BNG avoga pola supresión das barreiras arquitectónicas en Monforte

O portavoz nacionalista, Emilio Sánchez, levará ó pleno do día 24 de setembro dúas propostas ademais dunha moción, onde se avogará pola supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de elementos de xogo para persoas con discapacidade.

Publicado o

- Advertisement -

Por unha banda, o portavoz do BNG solicitará o arranxo e eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa Doutor Casares, no tramo que comprende dende a Praza Doutor Goyanes ata o cruce co Paseo do Malecón e pola outra, pedirá a instalación de elementos de xogo para persoas con discapacidade, tales como bambáns para cadeiras de rodas nos parques infantís da cidade.

Seguindo esta liña, tamén se solicitará o cambio de emprazamento do paso de peóns que discorre por diante do bazar oriental da Rúa Manuel María e facelo coincidir co rebaixe da beirarrúa para facilitar o tránsito de persoas con mobilidade reducida.

Finalmente, pedirá o arranxo e reposición do pavimento no Parque dos Condes á altura do embarcadoiro e a reparación dos bancos do Paseo do Malecón.

Estado do pavimento do Parque dos Condes/BNGSUL

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...