InicioPolíticaXestionando o arrendamento de superficies forestais como sumidoiros de carbono

Xestionando o arrendamento de superficies forestais como sumidoiros de carbono

Interior Galego Vivo reclama que as Comunidades de Montes e agrupacións de propietarios poidan xestionar directamente o arrendamento de superficies forestais como sumidoiros de carbono.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Interior Galego Vivo (IGV) aseguran que se dirixiron ao Ministerio de Transición Ecolóxica e á Consellería de Medio Rural interesándose polos sumidoiros de carbono e, especificamente, por se podían xestionar estes as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e as agrupacións de propietarios forestais.

O interese de IGV devén afirman “do crecente acaparamento de terras por parte de empresas alleas ao territorio para elaborar “sumidoiros de carbono” con plantacións en áreas de dubidosa viabilidade e, en todo caso, cun rendemento inferior ao que terían as comunidades locais cunha xestión directa.”

IGV entende que máis que confiar a mudanza climática a solucións de mercado, trátase dun exemplo de desconsideración cara as comunidades locais e de falta de planificación, “cómpre subliñar que nun contexto de crecente importancia da soberanía alimentar para os pobos o noso país perde a marchas forzadas SAU e postos de traballo no rural.”

Sumidoiros de carbono

Coñécese como “sumidoiro” todo sistema ou proceso polo que se extrae da atmosfera un gas ou gases e almacénase. Os vexetais absorben CO2, que compensa as perdas deste gas que sofren pola respiración e o que se emite noutros procesos naturais como a descomposición da materia orgánica.

No Protocolo de Kyoto considéranse sumidoiros certas actividades de uso da terra, cambios de uso e silvicultura, e sucesivas directivas europeas estabeleceron un marco para o comercio de dereitos de emisión de gases de efecto estufa na Unión Europea. Asemade, o marco legal vixente a nivel estatal e galego obriga a adoptar medidas para a «xeración e a conservación das masas forestais e da produción e comercialización de produtos forestais procedentes de explotacións galegas con certificación forestal, así como dos produtos derivados con certificación no seu proceso produtivo no ámbito galego, para os efectos de aumentar a capacidade de almacenamento de CO2 nos sumidoiros galegos.»

Entre as medidas a adoptar está entra a posibilidade e participar no mercado de dereitos de emisións por parte das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común, recoñecéndose así o papel dos seus bosques, de ser o caso, como sumidoiros de carbono, e redundando nunha riqueza para a comunidade.

Pero a Consellaría, en resposta a IGV, indica que “na actualidade non está regulado un procedemento para que desde as CMVMC ou agrupacións de propietarios forestais se proceda á configuración de sumidoiros de carbono”, derivando todo o protagonismo a “iniciativas forestais de carácter privado, intermediarios alleos á propiedade da Terra que son os que realmente fan negocio.”

IGV considera fundamental que se dea posibilidade de xestionar os sumidoiros ás Comunidades Veciñais de Montes en Man Común, como forma colectiva de propiedade da terra que debe reforzarse e adquirir un protagonismo central na transición ecolóxica. “A necesidade de reducir as emisións de gases de efecto estufa é unha tarefa colectiva, polo que este singular modelo de propiedade galego debe ter un papel central”, aseguran.

“Deixar o mercado de dereitos de emisión só en mans privadas favorece a especulación, mentres que fomentar a súa xestión mediante fórmulas colectivas fomenta o ben común”, afirma IGV e conclúe “Recoñecendo o papel activo das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común como actores para a xestión dos sumidoiros de carbono tamén favorécese a fixación de poboación nestas áreas e a continuidade delas como sumidoiros de carbono”.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...