HomePolíticaPontón propón en Chantada reactivar o rural con proxectos innovadores e discriminación...

Pontón propón en Chantada reactivar o rural con proxectos innovadores e discriminación positiva

A portavoz nacional, Ana Pontón, empezou a súa intensa axenda en Chantada cunha visita á empresa Daveiga, produtora das galletas mariñeiras, un proxecto innovador que demostra que é posible un rural vivo, capaz de xerar riqueza e emprego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trala visita a Daveiga, empresa que tamén aposta polo produto de proximidade para a súa produción, minimizando o impacto ambiental, Pontón salientou, “Daveiga demostra que é posible facer proxectos innovadores desde o medio rural, mesmo cun enfoque de economía social, un aspecto que debemos apoiar porque crea emprego de proximidade e de calidade no propio rural”.

Pero a iniciativa privada debe ser apoiada cunha aposta desde as políticas públicas e, neste sentido, o BNG propón un Plan estratéxico de rescate e desenvolvemento para o rural estruturado en dez liñas de actuación que ten como principal baza unha política de discriminación positiva en materia de servizos públicos, con medidas concretas: manter os servizos educativos, reverter os recortes sanitarios no medio rural, garantir os servizos bancarios e reforzar todos os servizos sociais.

A segunda liña estratéxica ten como obxectivo conseguir un rural produtivo que permita a soberanía alimentaria, e para iso inclúe rescatar 100.000 hectáreas en dez anos para uso agrario. “Producir alimentos de calidade, camiñar cara a soberanía alimentaria porque é clave como acabamos de ver na pandemia”, argumentou.

Pontón tamén destacou o imprescindible apoio ó sector vitivinícola, clave na comarca, cunha produción de moita calidade. “Hai que apostar pola innovación e pola transformación para potenciar proxectos que xeren valor engadido porque son os que aportan mellores niveis de renda para os produtores e produtoras nos distintos sectores que se desenvolven no medio rural ós que hai que apoiar”, recalcou pouco antes de visitar Adega e viñedos Lareu.

O plan estratéxico do BNG para o rural aposta por unha produción no sector agropecuario que debe ir acompañada de innovación, investigación e transformación, terceira liña estratéxica;  e nesa mesma dirección, facilitar a comercialización, con centros comarcais de envasado e etiquetaxe para facilitar a venda da produción de quilómetro cero; a creación dunha plataforma  público-privada de comercialización online, a modo de amazon galego para produtos frescos e elaborados de orixe agrogandeira.

A quinta liña estratéxica do plan de rescate é a dotación en infraestruturas, cunha aposta pola dixitalización e por estender as novas tecnoloxías, indicou, tras visitar A túa xanela, proxecto empresarial que se encarga precisamente de instalar fibra óptica no rural e achegar as novas tecnoloxías. Igualmente, mellorar as comunicacións para garantir unha mobilidade propia do século XXI, potenciar o transporte público e apostar polo tren como transporte de conexión tamén na Galiza interior.

Rendas xustas

A sexta liña de traballo pon o foco en conseguir rendas xustas e dignas para produtores e produtoras, establecendo na Lei da cadea alimentaria un mecanismo de fixación de prezos que imposibilite vender a perdas. Un aspecto igualmente fundamental do plan para un rural vivo son as políticas de igualdade para a muller, “darlle o recoñecemento e o papel que lles corresponde tamén no medio rural porque son imprescindibles, con máis apoio ás emprendedoras e con medidas eficaces de conciliación”, explicou.

É imprescindible, oitava liña estratéxica, “rexuvenecer o rural”, e iso pasa por atraer a xente moza, por facilitar o relevo xeracional, indo máis aló das axudas directas, “porque só poderemos levar á mocidade ó medio rural cando lle ofrezamos servizos, rendas dignas, infraestruturas, boas comunicacións, ocio, tecnoloxía”.

O BNG inclúe a creación dunha empresa láctea público-privada con participación de pequenas produtoras e cooperativas para a transformación do leite en produtos de alto valor engadido. Finalmente, a décima liña estratéxica pasa por conseguir vincular as axudas da PAC á produción e non á superficie, para evitar o prexuízo do sector agroganderio galego.

A visita de Ana Pontón a proxectos innovadores en Chantada completouse coa aposta pola tecnoloxía no rural da empresa A túa xanela de instalación de fibra óptima nos pequenos e medianos concellos do interior.

Ana Pontón visita A túa xanela

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...