InicioPolíticaO PSdeG pide no Parlamento prazos concretos para reconstruír a estrada do...

O PSdeG pide no Parlamento prazos concretos para reconstruír a estrada do Courel

O PSdeG leva ó Parlamento de Galicia preguntas e unha Proposición non de Lei sobre a estrada do Courel afundida, iniciativas coas que pide á Xunta que actúe con toda a celeridade posible para dar solución aos problemas xerados tras o derrube na LU-561 e que ofreza información de xeito continuo e coa máxima transparencia á cidadanía, ós concellos afectados e á Deputación Provincial de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSdeG recalca que, preto de catro meses despois do derrubamento “seguimos sen coñecer cales son as intencións e os prazos que manexa a Xunta para reconstruír” esta estrada, o principal acceso ó Courel, e unha infraestrutura fundamental para a comarca.

“A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a tratar este tema dun xeito totalmente opaco sendo ademais reiterados os incumprimentos, tanto no proceso de adxudicación e construción da variante de emerxencia, como na investigación das causas do derrube e nas solucións para reconstruír a estrada principal”, aseguran.

Ante esta realidade, o PSdeG pide ó Goberno do PP na Xunta que “concrete as previsións sobre os traballos de reconstrución da estrada LU-561, que busque todas as solucións posibles para minimizar o impacto do peche do tramo derrubado, en particular, para os vehículos de gran tamaño, e que axilice as obras de construción do desvío provisional”. Os socialistas queren que o Executivo autonómico explique cal ou cales foron os motivos nos retrasos, tanto na adxudicación, como na execución do desvío, e a que se debe a demora en determinar as causas do derrube e as solucións para reconstruír a estrada.

Así mesmo, “vendo a celeridade que a Xunta de Galicia lle pide a outras administracións en relación á reconstrución de certas infraestruturas”, o PSdeG pregúntalle se no caso da estrada do Courel “a Xunta está a actuar coa celeridade que a situación require”.

Tal e como os propios socialistas puideron comprobar in situ durante o seu encontro na zona derrubada, “os usuarios teñen que sortear esta estrada cortada empregando un viario local, moito máis estreito e sinuoso, que ademais de complicar o percorrido, non permite a circulación polo mesmo de vehículos de gran tamaño debido a presenza de varias curvas moi pechadas. Afectando tamén directamente ao turismo da zona, xa que non se poden realizar as excursións en autobús e limitando tamén as rutas habituais de visita ao xeoparque Montañas do Courel”. Polo tanto, aseguran, corte está prexudicando ós veciños e á economía da zona.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...