HomePolíticaO PP sospeita "dunha man negra" para non abrir Augas Mestas

O PP sospeita “dunha man negra” para non abrir Augas Mestas

O grupo popular insta ao goberno provincial a que “canto antes se poña a traballar para abrir esta área recreativa, para facela viable, para que os veciños da comarca e os turistas poidan disfrutar dela o antes posible”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz popular, Javier Castiñeira, asegura que ás veces as cousas son como parecen. “Igual non é así, pero parecer ben parece que no caso da área recreativa de Augas Mestas, en Quiroga, dependente da Deputación, presidida polo socialista José Tomé, hai unha man negra que impide que se abra e se poña en servizo.”

Castiñeira sinala: “Non podemos admitir unha mentira máis sobre Augas Mestas. O grupo provincial do PP está tendo moita paciencia, pero os  que de verdade teñen moita paciencia son os veciños de Quiroga, absolutamente enganados pola delegada de Turismo, Pilar García Porto, que no ano 2020, despois de moitos retrasos e de falsas xestións, cando o PP presentou unha moción para reactivar Augas Mestas, asegurou que nun futuro próximo se sacaría adiante esa área recreativa. Era entón xuño do ano 2020; nós diciámoslle que esperabamos que non se perdera o ano 2021, que era Xacobeo, e non só se perdeu o 2021, senón que se perdeu tamén o 2022”.

PP Augas Mestas / PP provincial

O portavoz popular visitou Augas Mestas, xunto co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Castiñeira di: “Vemos que todo isto sigue exactamente igual que hai quince anos, cando os socialistas colleron o goberno da Deputación de Lugo. Parece que se empeñaron en manter pechada esta área recreativa, que é punteira,  porque o señor Cacharro Pardo deseñou esta área para favorecer o turismo na zona interior da provincia, o turismo fluvial, na Ribeira Sacra, e potenciar toda esta comarca”.

Para os populares, “é unha verdadeira pena que isto estea pechado, porque son moitos millóns aquí tirados, simplemente pola mala vontade do goberno socialista”. No PP cren “que existe mala fe; quizá hai alguén, neste goberno socialista, que prefire, que quere máis ver pechada esta área que aberta”. No PP, igual que todos os veciños de Quiroga e da Ribeira Sacra, queren ver aberta Augas Mestas canto antes.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...