HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno a redución dun tramo do IBI para...

Esperta Monforte leva a pleno a redución dun tramo do IBI para os próximos 4 anos

Solicitan que se baixe un tramo do IBI durante os próximos catro anos, "para axudar a facer máis levadeira a situación económica, nun IBI medio de 200 euros, falamos dun aforro duns 17 euros anuais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte asegura que cada ano o concello de Monforte incorpora máis de 420.000 euros a remanente de tesourería e que o concello recada 4.100.000 euros neste imposto do IBI.

Consideran que baixando o IBI do 0,6 actual, a 0,55 durante os próximos 4 anos só suporía a perda no incremento do remanente, “desmontando a mentira do equipo de goberno e minorando o gasto en impostos dos monfortinos para axudalos nesta nefasta situación económica coa inflación no 10%, co combustible a 2 euros o litro e co prezo da luz duplicado con respecto a anos pasados.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...