InicioPolítica"O PP de Sarria mente, terxiversa e manipula co IBI", asegura o...

“O PP de Sarria mente, terxiversa e manipula co IBI”, asegura o alcalde

O equipo de goberno de Sarria denuncia publicamente a "campaña mediática" do PP de Sarria "aproveitando as notificacións para a cobranza dos atrasos da contribución entre os anos 2016 e o 2019."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o equipo de goberno os populares acúsanos dos atrasos do IBI. “Cunha actitude cínica, tal e como nos ten afeitos, sinala ao actual goberno como responsable da reclamación dos atrasos, cando o certo é que o primeiro e único responsable é o Partido Popular.”

Lembran que o PP no goberno da nación (M. Rajoy presidente) ordenou no ano 2012 a regularización das construcións e deu de alta as edificacións agrarias: “CATASTRAZO (tema solucionado pola o actual goberno municipal, que aprobou a bonificación do 95% en decembro de 2019)”. No 2015 (M. Rajoy presidente), modificaron o art. 7.2. da Lei Xeral do Catastro, “propiciando a valoración do Chan de Núcleo como Chan Urbano”. Co PP na alcaldía coñeceuse no 2015, que en Sarria ían dar de alta as edificacións agrarias e daquela non se seguiu coa tramitación do PXOM.

Esixen, desde o equipo de goberno, ao PP de Sarria explicacións sobre a súa inacción tanto no goberno –ata o ano 2015– como na oposición –entre o 2015 e no 2019–, “período no que sendo coñecedor do problema que se cernía sobre os veciños de Sarria non se fixo nada, non tomou medidas nin deu explicación aos veciños do que viña encima. Quizais por ignorancia ou quizais por estratexia!”.

Piden que asuman responsabilidades “pola súa neglixencia nestes anos, e deixen de esconderse tras unha cortina de fume, culpabilizando ao actual equipo de goberno, que foi o único que tomou medidas contra o catastrazo do Partido Popular. No ano 2019 aprobamos a bonificación de ata o 95% nos inmobles agrarios, aplicado na contribución do ano 2020. Segundo o equipo de goberno os populares “actúan de forma interesada, piden a rebaixa de impostos cando están na oposición pero que sóbenos cando gobernan”.

Claudio Garrido / XdL

Con respecto ás comunicación de IBI que está recibindo a veciñanza, sinalan desde o equipo de goberno que , “ocatastro está a aplicar un criterio e uns módulos de valoración dun chan urbano que non se corresponden coa realidade dos Núcleos Rurais, ademais de non poder establecer matices entre uns e outros nin ponderar a valoración das distintas leiras en función da situación dentro de cada un dos Núcleos Rurais. Todo isto ten como consecuencia os alarmantes valores das leiras e finaliza co importe dos recibos e das liquidacións notificadas. No ano 2019 en canto tívose coñecemento das notificacións dos incrementos de valor, nada máis tomar posesión, solicitouse á Xunta de Galicia a aprobación do PXOM no que respecta ás delimitacións dos Chans de Núcleo. Recibindo o non por resposta.” Actualmente o concello volveu a insistir á Xerencia do Catastro para que retome o compromiso de redacción do novo relatorio, a cal en principio levará a cabo ao longo do ano 2023.

Por que notifican as liquidacións dos atrasos?

O actual equipo de goberno tomou posesión en xuño de 2019, as liquidacións que se reclaman son dos anos 2016-2017-2018-2019, polo tanto, aseguran que non hai responsabilidades de Camiña Sarria e Galicia Sempre. “Non hai ningunha solución que paliase, reducira ou anulara as presentes liquidacións do IBI dos devanditos anos, esas solucións terían que tomarse nas lexislaturas anteriores por quen tivo responsabilidades e tiveron coñecemento de primeira man dos procedementos catastrais que levaron a cabo en Sarria. Por desgraza non fixeron nada e quizais por ter remorso de conciencia pola súa incapacidade propoñan agora solucións populistas!”.

Para o equipo de goberno, unha rebaixa lineal do IBI de urbana, cando ese non é o verdadeiro problema, non é a solución, “o problema radica en que non hai proporcionalidade entre os valores dos inmobles nos Núcleos Rurais, non dentro do mesmo núcleo nin en comparación con outros núcleos.”

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...