HomePolíticaA dimisión da alcaldesa e do seu goberno, piden os socialistas de...

A dimisión da alcaldesa e do seu goberno, piden os socialistas de Folgoso do Courel, “pola nefasta xestión nos incendios”

Carmen Álvarez dixo que “a alcaldesa e todo o seu goberno son os máximos responsables da desfeita nesta vaga de lumes no noso concello, xa que non tomou nin unha soa medida de prevención e limpeza do monte dende que chegou ao Concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira socialista do Courel, Carmen Álvarez, instou á alcaldesa de Folgoso do Courel a presentar a súa dimisión e a de todo o seu Goberno. Fíxoo durante a sesión plenaria celebrada este xoves na que se aprobou unha iniciativa para reclamar axudas ás diferentes administracións e solicitar a declaración de zona catastrófica. Tamén agradeceu o apoio e o traballo tódolos corpos implicados, e que traballaron durante estas datas para apagar os lumes no Courel.

Asegura que as brigadas de incendios que se contratan anualmente “comezaron a traballar o 23 de xullo, é dicir fai 5 días, cando os incendios xa comezaran. Esta é a política de prevención da Xunta e do PP”.

Asegurou que “non hai ningunha política en materia de prevención de incendios por parte do Goberno da Xunta, nin no Courel, nin na provincia, nin en ningures. Onde está a lexislatura do rural?”, preguntouse. Ademais sinalou que no tocante ao desaloxo dos pobos e das parroquias, “esquecéronse de atender ao pobo do Mazo Santigoso, e tivo que ser outro Concello o que se fixera cargo deste desaloxo”. “Estaban máis pendentes das fotografías, que en atender á veciñanza”, replicou.

Os socialistas aseguran apoiar todas as peticións de axuda para o concello, “pero cremos que é necesario cambiar o modelo de prevención de incendios do PP. E o Concello neste asunto, tamén ten responsabilidades. Temos que previr, limpar, e manter o monte vivo e ordenado, con políticas transversais de usos agrodandeiros, forestais, turísticos ou culturais. Vamos a seguir loitando polo Courel con futuro, e a veciñanza conta con todo o noso apoio. E dende aquí pedímoslle a Alcaldesa que se poña a traballar e pase do victimismo á impulsar unha política activa na prevención de incendios”, resumiu.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...