InicioPolíticaOs socialistas do Saviñao denuncian que sigan sen solucionarse os problemas de...

Os socialistas do Saviñao denuncian que sigan sen solucionarse os problemas de abastecemento

O voceiro socialista, Celestino Rodríguez faise eco das denuncias da veciñanza e do sector do comercio sobre os problemas na rede de subministro de auga, “O Goberno do PP ten que actuar para darlle unha saída a esta problemática, fan falla solucións urxentes para evitar que a situación remate por converterse en dramática”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na pasada sesión plenaria foi aprobada por unanimidade unha iniciativa socialista para arranxar os “constantes problemas” de cortes de auga na vila. “Xa fai tempo que puxemos deberes ao Goberno do PP para solucionar de xeito integral a tubería máis antiga e máis deteriorada das instalacións existentes. E ademais, nesta proposta tamén solicitamos a Augas de Galicia que co investimento percibido no chamado Canon da Auga, reverta na veciñanza do Saviñao”.

“Pasaron os días e os meses e comprobamos que non se fixo absolutamente nada de nada sobre esta incidencia. Estamos en plena época estival, cando a poboación no noso concello aumenta de xeito considerable. Pero lamentablemente a auga da traída no Saviñao segue cos seus problemas habituais”, critican dende o PSdG.

Aseguran que o Concello realizou un aumento da rede de abastecemento de auga, “pero fíxoo de xeito anárquico sen ningún planeamento e sen ningún control, e agora padecemos as consecuencias”. Ademais este incremento na presión da auga da traída segue sendo insuficiente, “xa que os cortes de auga seguen sendo persistentes”.

Segundo os socialistas do Saviñao, a rede de canalización de auga do concello ten máis de 50 anos. “Nós xa advertimos da limitación hídrica que presenta dende fai tempo o río Sardiñeira, pero o PP segue sen buscar alternativas, esperando a que os problemas se resolvan soíños, en vez de solventalos e actuar”.

Os socialistas do Saviñao emprazan ao Alcalde e a todo o seu Goberno a poñerse a traballar para mellorar as dotacións publicas da vila, “e non a culpar a outras administracións da súa propia incompetencia política. Segundo puidemos comprobar na Confederación Hidrográfica non entrou ningunha solicitude sobre a traída de auga de Diomondi e ademais solicitamos no propio Concello o número de rexistro de saída desta mesma petición e, loxicamente non existía. Non mintan e traballen”, insisten.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....