HomePolíticaVertedoiro ilegal en Currelos

Vertedoiro ilegal en Currelos

O BNG do Saviñao leva anos denunciando o estado de abandono no que se atopa o vertedoiro de plásticos agrícolas de Currelos, preto do campo de fútbol, do colexio e do centro de saúde.

Publicado o

- Advertisement -

O depósito de plásticos agrícolas de Currelos, no Saviñao, atópase desbordado e pódense ver nel todo tipo de residuos como rodas, vidros  ou electrodomésticos  electrodomésticos. O BNG denuncia que levan anos reclamando ao concello que tome medidas con este vertedoiro ilegal polos problemas de salubridade que pode traer, pero aseguran que o equipo de goberno mira cara outra lado porque segue sen solucionarse nada.

O BNG reclama ao concello que analice a conveniencia de facer máis puntos de recollida de plástico agrícola, ademais de buscar unha alternativa para que os veciños do Saviñao poidan depositar os residuos perigosos sen ter que desprazarse ata Escairón os sábados pola mañá, circunstancia calificada de pouco operativa polos nacionalistas. Pídenlle ao concello medidas para solucionar esta situación e acabar con coutros vertedoiros ilegais que hai no concello.

Vertedoiro ilegal BNG

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...