HomePolíticaOficina Aida Menéndez Lorenzo de atención ó peregrino, pide Esperta Monforte

Oficina Aida Menéndez Lorenzo de atención ó peregrino, pide Esperta Monforte

Esperta Monforte demanda ao pleno da corporación que a oficina de atención ao peregrino do concello de Monforte de Lemos leve o nome de Aida Menéndez Lorenzo, principal promotora do Camiño de Inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte solicita que este servizo de atención ao peregrino pase a chamarse, Oficina Aida Menéndez Lorenzo de atención ao peregrino. Na exposición de motivos Esperta Monforte recolle, “Despois da triste nova do pasamento o 13 de xullo de Aida Menéndez e tendo claro o incalculable legado que nos deixa despois da incansable dedicación no nacemento e posterior divulgación do Camiño de Inverno a Santiago pola Ribeira Sacra e a incansable loita pola ruta, gustaríanos poder adicarlle esta pequena mención en recoñecemento ao seu desinteresado traballo a prol dunha ruta que máis pronto que tarde acabará levando o seu nome”.

Aida Menéndez divulgando o Camiño de Inverno. Foto: A.M.

Consideran desde Esperta Monforte que este recoñecemento a título póstumo debe de ser dos primeiros de moitos dos que reciba pola súa tenacidade, dedicación e traballo por esta ruta.

Tamén o 3 de setembro o novo albergue de peregrinos que a Xunta acondicionou en Diomondi comezará a levar o nome de Aida Menéndez Lorenzo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...