HomePolíticaOs populares acusan a Tomé de ter esquecido o barrio do Casar

Os populares acusan a Tomé de ter esquecido o barrio do Casar

A portavoz popular, Katy Varela, destaca que no Casar, como noutras zonas da cidade, prodúcense continuas roturas das tubaxes do abastecemento e que a reparación deixa como lembranza "verdadeiras chapuzas na reposición do pavimento das rúas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Monforte, continuando coas súas visitas a barrios e parroquias para coñecer de primeira man os motivos das queixas dos veciños, esta semana percorreu o barrio do Casar. “Comprobamos o abandono ao que o ten sometido o alcalde, o socialista José Tomé, como en xeral sucede con toda a cidade”.

Varela sinala: “O barrio do Casar é un exemplo da política de Tomé: moita propaganda para anunciar proxectos de urbanismo, millonarios, sen ter previamente un proxecto de urbanismo claro para a cidade, e total abandono dos pequenos, pero moi importantes, detalles nos barrios e parroquias. É curioso que un mandatario que presume de asfaltar rúas e estradas, teña as vías deste barrio como as ten, cheas de fochancas e con gretas”.

Lembran que en agosto denunciaron “que uns valos amarelos no centro do barrio entorpecían a circulación e grazas á nosa denuncia foron retirados; o estado do asfalto do lugar tras a avaría é de vergoña absoluta, porque hai unha enorme fochanca, que crea perigo para o tráfico rodado”.

O PP destaca tamén a falta de roza nas marxes das rúas e estradas do barrio, de maneira que a maleza chega ao asfalto e denuncian que a travesía do barrio que o une coa parroquia da Vide “atópase nun estado lamentable, o que dificulta o paso peóns e de vehículos.”

Katy Varela resume: “En definitiva, Tomé dispón de moito diñeiro e gasta moito diñeiro anunciando investimentos millonarios, pero a realidade é a falta de rigor coa que xestionan el e o seu equipo de goberno; o barrio de O Casar é un exemplo máis da desidia coa que trata aos seus veciños o alcalde José Tomé”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...