InicioPolíticaIsabel Rodríguez anuncia no Saviñao axudas do Goberno para a compra de...

Isabel Rodríguez anuncia no Saviñao axudas do Goberno para a compra de vivenda

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe que 3.135 mozos e mozas nas comarcas de Chantada e Terras de Lemos, maiores de 18 anos e menores de 35, poden beneficiarse das axudas de 10.800 euros que o Goberno concederá para a adquisición de vivenda habitual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa foi detallado pola subdelegada do Goberno este mércores nun encontro celebrado na Casa do Concello do Saviñao con alcaldes e responsables municipais de diferentes concellos da comarca, no que tamén animou aos mozos e mozas da zona a aproveitar esta oportunidade.

Isabel Rodríguez trasladoulles aos presentes que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana creou este programa de subvencións á adquisición ou arrendamento dunha casa co dobre obxectivo de facilitar o acceso á vivenda da xente nova ao tempo que trata de axudar a atraer poboación aos concellos con menos habitantes. Así, destacou que este programa “facilitará que a mocidade opte polas vilas e os pequenos municipios á hora de iniciar o seu proxecto de vida” e recordou o importante impacto que ten na provincia de Lugo onde “61 dos 67 concellos entran dentro da categoría de poboación de menos de 10.000 habitantes”.

Isabel Rodríguez incidiu en que o obxectivo que se fixa o Goberno con estas novas axudas é axudar a asentar poboación nova nos pequenos concellos para frear o seu declive. Lembrou que o reto demográfico é una política transversal do Goberno de España, que se reflicte naqueles programas e medidas que teñen impacto sobre a poboación e o territorio como poden ser a vivenda, os servizos públicos e o impulso a actividade empresarial.

A subdelegada do Goberno sinalou que “o 100% dos 10.800 euros que os mozos e mozas dos concellos de menos de 10.000 habitantes poderán recibir por compra a cargo do Plan Estatal de Vivenda son aportados polo Goberno a pesar de ser a vivenda unha competencia autonómica”. Neste liña lamentou que “a Xunta, encargada de tramitar as subvencións, anuncie estas medidas como propias sen complementalas nin poñer un só euro”.

Requisitos

Para acceder a este programa establécese un límite de ingresos da unidade de convivencia que é de tres veces o IPREM (catro veces no caso de persoas con discapacidade e cinco veces se a discapacidade é severa). A contía da axuda para compra será dun máximo de 10.800 euros co límite do 20% do prezo de adquisición, que non debe superar os 120.000 euros. O domicilio deberá ser o habitual e permanente durante cinco anos.

No caso do alugueiro, o inquilino terá cuberta ata a 60% renda mensual, en alugueiros de ata 600 euros ao mes ou ata 300 euros no caso de habitacións. Poderá recibir a axuda un máximo de cinco anos e será compatible con bono alugueiro novo.

A tramitación destas axudas do Plan Estatal de Vivenda corresponde á Comunidade Autónoma. No caso de Galicia, a Xunta publicou o pasado 12 de agosto a convocatoria do Instituto Galego de Vivenda e Solo no Diario Oficial de Galicia fixando no día 30 de setembro a finalización do prazo de solicitude.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...