HomePolíticaPídese declaración de loito oficial nas mortes laborais no agro

Pídese declaración de loito oficial nas mortes laborais no agro

Xa hai meses que o movemento cidadán Interior Galego Vivo (IGV) demandou a declaración de loito nos concellos con morte en accidente laboral, sen que se teña feiro nada ao respecto. Agora Por Chantada presenta unha moción para solicitar á Xunta que cada accidente laboral con desenlace fatal e cada vítima no agro sexa acompañada coa correspondente declaración de loito oficial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No que levamos de ano déronse 13 pasamentos en accidentes de tractor. Unha cifra que, tendo en conta o que resta de ano e que aínda fican importantes tarefas agrícolas por diante, pode superar os números do ano pasado, no que os accidentes de tractor causaron máis mortes que os de moto ou atropelos.

Sinistros 2022:

  • O 26 de xaneiro na Pastoriza.
  • O 26 de febreiro en Espiñarcao, unha aldea da parroquia de Romariz do concello de Abadín.
  • O 7 de marzo de 2022 tivemos que lamentar unha vítima, en Laza, ao envorcar o seu tractor.
  • O 1 de maio en Ventosa, na Agolada.
  • O 6 de maio no lugar de Pielas, na parroquia de Naraío en San Sadurniño.
  • O 30 de maio en Larín, Láncara, certificouse o falecemento dunha viciña.
  • O 31 de maio sumouse unha nova vítima na parroquia de Vences do Concello de Monterrei.
  • O 13 de xuño no lugar de Souto, na parroquia de Carnoedo, perdía a vida outro concidadán.
  • O 27 de xuño en Cualedro.
  • O 11 de xullo en Cerdido.
  • O 9 de agosto en Barcia, Covelo, e nese mesmo día caía dun remolque perdendo a vida en San Amaro outra persoa.
  • O 25 de agosto máis unha vítima na parroquia de Lorbé, en Oleiros.
  • O 11 de setembro pasado aínda lamentabamos en Silleda máis unha vítima.

Segundo Por Chantada na provincia de Lugo rexistráronse 46 accidentes nos últimos 3 anos só nas estradas públicas, xa que as estatísticas non rexistran os que se dan en fincas privadas ou en pistas rurais. “A isto hai que sumar as ducias de persoas que morren producindo alimentos ou en accidentes laborais cada ano e, se ben, pontoalmente, nalgunhas catástrofes se declara loito oficial, como cando afunde un barco, seguimos sen ter a sensibilidade que a magnitude do problema precisa,” conclúen.

“Manuel Varela a pesar de estar no Senado non soubo defender a viticultura nen a San Fiz”, asegura Por Chantada

Desde Por Chantada lamentan que cando a saraiba arrasou San Fiz, “nin a Xunta nin o alcalde aprobaran a declaración de zona de desastre natural, cando agora o Goberno central aproba axudas de máis de 12 millóns de euros para as centrais fructícolas afectadas polas xiadas de abril”.

Consideran que o que non se podía facer daquela en San Fiz pódese facer agora “e as supostas xestións do senador en Madrid, onde seica lle dicían que non se podía facer nada, resultaron ser paseos entre a Castellana e o Retiro”.

ÚLTIMAS

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...

O Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de Monforte

O novo presidente do Club, Antonio López, que foi elixido polos socios o pasado...