InicioPolíticaAna Pontón: "Efrén Castro é o alcalde que Sarria precisa para abrir...

Ana Pontón: “Efrén Castro é o alcalde que Sarria precisa para abrir un tempo novo e darlle un futuro mellor ao concello”

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este venres no acto de presentación de Efrén Castro como candidato do BNG á Alcaldia de Sarria, que definiu como unha persoa "dialogante, pŕoxima, amable e humilde, o alcalde capaz de darlle a Sarria un novo rumbo cun proxecto de goberno para aproveitar todo o seu potencial"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Efrén coñece Sarria como a palma da súa man e ten experiencia de xestión para colocar este concello no lugar que lle corresponde, porque Sarria leva demasiado tempo parada, desaproveitando oportunidades cando temos un concello que é un diamante en bruto: somos cabeceira de comarca, temos un sector agrario aínda forte, pero ao que lle falta pulso industrial; porque temos un enorme patrimonio cultural e porque temos xente talentosa con grande capacidade de iniciativa”, enumerou Ana Pontón, en primeira persoa dada a súa vinculación con este concello, onde naceu e onde vive a súa familia.

“Temos moito potencial para ser un referente en termos de preservación do medio ambiente, do coidado do río, de desenvolvemento local e para mellorar a calidade de vida da veciñanza, afondou. O que precisa Sarria para aproveitar todo este potencial é un alcalde con capacidade e con proxecto político para darlle un futuro mellor ao concello, e ese alcalde é Efrén Castro da man do proxecto que representa o BNG”, proclamou a líder nacionalista.

Efrén Castro e Ana Pontón Sarria 2022 / BNG Sarria

“E nun momento como o actual, de grandes cambios transformacións a nivel global, hai que sacar a Sarria dese bucle de apatía e poñer en marcha un novo proxecto, xustamente o que quere facer o BNG, poñer Sarria a funcionar, na vangarda, con confianza nas potencialidades que temos aquí. E podemos facelo, porque xa o fixemos en Allariz, en Ribadeo, en Carballo, en Pontevedra e en tantos e tantos concellos que avanzan da man do Bloque”, explicou.

A líder nacionalista destacou o avance que se vive nos concellos gobernados polo BNG, “non é por casualidade senón o resultado de ter un proxecto valente, porque os goberno do BNG nas vilas e cicades non están para quentar a silla senón para traballar pola veciñanza. Os gobernos municipais nacionalistas transforman en positivo para mellorar a vida das persoas, recuperan o espazo público para as persoas, menos coches e máis nenos e nenas xogando na rúa, máis persoas maiores paseando tranquilas”, recalcou.

Pontón subliñou tamén que son sinais de identidade dos gobernos municipais do Bloque “a defensa clara do comercio de proximidade e do tecido económico local, a defensa dos servizos públicos de calidade ou tamén fomentar a participación dos e das veciñas, porque defende concellos democráticos e cunha xestión eficaz, onde cada euro conta, sobre todo nun momento de crise de prezos, a maior en corenta anos”.

Efrén Castro e Ana Pontón Sarria 2022 / BNG Sarria

ÚLTIMAS

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias...