HomePolíticaO BNG de Pantón emenda os orzamentos do Estado para incluír o...

O BNG de Pantón emenda os orzamentos do Estado para incluír o arranxo da N-120a

O BNG cre que é necesario arranxar e manter esta vía que dá acceso a varios núcleos de poboación nas parroquias de Atán e Pombeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A tramitación dos orzamentos xerais do Estado 2023, unha vez superada a primeira fase de emendas á totalidade, abre a vía de presentación de emendas a eses orzamentos. Dende as comarcas no Sur de Lugo sur rexistráronse varias emendas, unha delas sobre o arranxo da N-120a no seu trazado polo municipio de Pantón.

“O estado da actual N-120a é perigoso o que constitúe unha urxencia para nós, xa que é a única vía de acceso a varios núcleos de poboación. Ademais chegamos a este estado polo abandono reiterado de anos no mantemento desta vía”, asegura a portavoz do BNG en Pantón, RosaAna Prieto Florines.

“Ir desatendendo infraestruturas e deixar de prestar servizos non é unha elección do goberno, é unha obriga”, lembran dende o BNG de Pantón que cren “que como o goberno de Madrid non adoita pagar peaxes electorais polo abandono destas infraestruturas, aproveitan para deixalas ata puntos insospeitados e lamentables, como o actual. Hai dúas curvas con especial perigosidade entre a presa e a conexión coa actual n-120, se a isto lle engadimos a situación na que está o firme na estrada nova, temos que concluír que o goberno de España, hai moito tempo que esqueceu as infraestruturas viarias da súa titularidade nesta zona”.

“A petición do BNG é clara e simple, asumible no económico e no social por un goberno que se chama a si mesmo socialista, só teñen que facelo. Teñen que saber que poden mellorar as nosas vidas cotiás, con arranxos de infraestruturas que teñen obriga de manter! É incrible,! Porque se fose esixible á poboación xa estaríamos todas as persoas cun aviso de embargo”, din os nacionalistas.

“Non se pode querer ser unha marabilla paisaxística e condear á poboación local a estradas sen firme con escorrentías laterais, e non esixir á hidroeléctrica os mantementos que lle son atribuíbles. Os partidos políticos temos responsabilidades nisto, polo tanto, quen goberna en Madrid é responsable desta infraestrutura e do seu estado deplorable, sábeno, dixémosllo, presentamos iniciativas, agora emendamos os orzamentos. Fagan o que lles pide a poboación local, o bloque e o sentido común e non fagan do silencio política, e das excusas sistema porque nós precisamos esa vía en bo estado”, insisten os nacionalistas que tamén aseguran botar en falta que esta non sexa unha das reclamacións principais do goberno municipal de Pantón nestes orzamentos xerais do Estado 2023.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...