HomePolíticaO PP de Monforte reclama pasos de peóns e melloras en Doutor...

O PP de Monforte reclama pasos de peóns e melloras en Doutor Casares

A portavoz popular, Katy Varela, anuncia a presentación dunha iniciativa para corrixir as deficiencias desta rúa no tramo entre Doutor Goyanes e o IES Daviña Rei. Segundo explican os populares, hai “pedras soltas e tapas de rexistros e sumidoiros rotas”, das que a que está en peor estado “é a da entrada na rúa, a altura da Praza Doutor Goyanes, que está afundida e é un perigo para a circulación”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O bo estado das rúas é fundamental para que o día a día da veciñanza sexa máis seguro, cómodo e agradable. “En Monforte hai rúas que precisan a intervención municipal para corrixir as deficiencias que presentan e que son fonte de incomodidades e riscos para o tráfico rodado e peonil”, sinalan os populares. É o caso da rúa Doutor Casares, na que os concelleiros populares demandan varias melloras, tanto no que atinxe á seguridade viaria como a accesibilidade, no tramo comprendido entre a praza Doutor Goyanes e o IES Daviña Rey.

Katy Varela destaca a necesidade de pintar pasos de peóns, xa que no tramo indicado “non existe ningún”, o que é difícil de entender dado que hai “un centro de saúde e unha farmacia”. Polo tanto, como mínimo, sería necesario un paso de peóns á altura do centro de saúde.

Os populares consideran que tamén son precisas melloras nas beirarrúas, porque. “ao inicio da rúa son estreitas e perigosas, sobre todo no lado dos número impares”. Din que tamén é necesario estudar “o problema da accesibilidade nese tramo da rúa”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...