InicioPolíticaO BNG de Monforte denuncia queixas veciñais pola presenza de militares armados...

O BNG de Monforte denuncia queixas veciñais pola presenza de militares armados no colexio da Gándara

Esta pasada semana celebrábanse en Pantón os actos na honra a don Rodrigo López de Quiroga, 5º Mestre de Campo do Tercio de Saboya. Os militares chegaron camiñando e fixeron noite no colexio da Gándara de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os nacionalistas, numeros@s pais e nais do CEIP A Gándara puxéronse en contacto co responsable local do BNG, Manuel Luaces, para transmitirlle a súa “perplexidade”, ante o feito de que un grupo de militares armados e completamente equipados, “entraran cun vehículo todoterreo no polideportivo da escola en pleno horario escolar, e por se fora pouco, con nen@s no seu interior, en clase de educación física.”

Segundo a impresión das persoas que comunicaron a impactante escena, e que comparte Luaces, “unha escola é un lugar de aprendizaxe da paz e da convivencia, e non é de recibo que @s cativ@s teñan que ver interrompido a súa clase dun xeito tan inapropiado”.

O BNG asegura ser consciente de que o concello de Monforte de Lemos, ten
dereito a utilizar o polideportivo do colexio, unha vez rematen as actividades escolares e extraescolares, a cambio de contribuír ao seu mantemento, motivo polo que permitiu aos militares do rexemento Saboya pasar a noite nel; “e aínda que estamos seguros de que hai sitios máis apropiados, pouco hai que obxectar se se fixera co cole baleiro” opina Manuel Luaces. “O escandaloso foi cando nos informaron de que, días antes a que se tivera noticia de que os militares habían pasar a noite no polideportivo, o concello mandou arranxar a caldeira de auga quente que levaba sete anos estropeada”.

Nos próximos días, o concelleiro do BNG en Monforte, Emilio José Sánchez, rexistrará unha pregunta no concello, interesándose por saber quen foi a persoa responsable de permitir que os militares entraran armados no centro escolar, e porque unha caldeira que estivo inoperativa para dar servizo aos usuarios do colexio durante 7 anos, “casualmente” se arranxa días antes de que ocupe o centro educativo un grupo de militar.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...