InicioPolíticaO BNG reclama maior investimento para Lugo Sul nos Orzamentos do Estado

O BNG reclama maior investimento para Lugo Sul nos Orzamentos do Estado

O BNG reclama un incremento no investimento destinado ás comarcas do sur de Lugo. Entre as propostas destaca a recuperación dos servizos ferroviarios desmantelados, a mellora da seguranza viaria, sobre todo na N-120, e a habilitación de espazos naturais, como o encoro de Vilasouto, para uso e goce da veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización nacionalista reclama unha aposta decidida por políticas verdadeiramente sociais que axuden a paliar a grave crise social e económica, como a suba das pensións ou garantir o financiamento á dependencia.

Dentro das emendas rexistradas, a frente nacionalista destaca un fondo para a mellora do encoro de Vilasouto, situado no Concello do Incio, que habitualmente é empregado para o abastecemento de auga para o seu consumo e para o regadío. “Neste momento proporciona auga aos concellos de Bóveda e Monforte e é empregado tamén como zona de paseo e baño polos habitantes de Sarria” explica Rego.

“É preciso habilitar unha zona de baño, con piscina, e habilitar instalacións para a práctica de deportes náuticos” salienta o portavoz do BNG no Concello de Monforte, Emilio J. Sánchez.

“É necesario revisar e actualizar o censo de regadores do Val de Lemos xa que, no seu momento, só se incluíu información sobre o nome do regador e a superficie que regaba mais, na actualidade, no se sabe xa que é regador e non se están abonando as cotas por regadío” explica o deputado do BNG. Neste sentido, a frente nacionalista tamén engade unha emenda para a condonación da débeda contraída polos regadores do Val para, a través da actualización do censo, reiniciar a actividade da Comunidade de regadores.

A organización nacionalista tamén demanda unha serie de actuacións para a mellora da seguranza viaria en varios tramos da N-120. “O mal estado do firme e a maleza que cobre os marxes fan que sexa imprescindíbel unha actuación por parte do MITMA e, onde for posíbel, unha ampliación dos carrís, sobre todo entre Os Peares ata Montefurado, no Concello de Quiroga” afirma o deputado nacionalista. O alcalde da Pobra de Brollón, Xosé Luís Maceda Vilariño, urxe a intervención de Quiroga ata Sober para a rehabilitación do firme e o desdobramento do carril no tramo, así como atender as zonas de dificultades arqueolóxicas e patrimoniais.

“Propomos a recuperación das antigas vías de comunicación fluviais entre os concellos de Pantón e Carballedo. Repoñer os antigos pasos de barca sería un método para a fixación de poboación e favorecería o desenvolvemento socioeconómico destes concellos” explico Rosa Prieto, portavoz do BNG no Concello de Pantón e responsábel comarcal da organización.

O deputado do BNG no Congreso sinala a emenda para a reposición dos servizos ferroviarios na estación de Monforte. “Hai que recuperar os servizos que, pouco a pouco, os Gobernos do Estado tanto do PP como do PSOE foron quitando a esta estación” apunta o portavoz. Así mesmo, engade a necesidade de recuperar os trens con procedencia e destino no País Vasco, Cataluña ou Madrid, así como recuperar o nocturno a Barcelona e incrementar as liñas e frecuencias a Lugo e A Coruña na nova vía electrificada.

“Lugo, xunto con Ourense, ten as pensións medias máis baixas do Estado, inferior a mil euros. Subir as pensións mínimas permitiría reducir a fenda de xénero e a territorial” explica o deputado do BNG no Congreso. Por outra banda, a organización nacionalista demanda cumprir a Lei de Dependencia e garantir 50% de financiamento por parte do Estado. Medidas, entre outras, que axudarían a paliar as consecuencias da crise social e económica xerada pola suba disparada dos prezos.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...