HomePolíticaInauguradas as Rúas Conde e Estrella de Monforte

Inauguradas as Rúas Conde e Estrella de Monforte

A partir de hoxe, as rúas quedan abertas ao tráfico de vehículos de igual forma que estaban antes do seu arranxo

Publicado o

- Advertisement -

Na tarde deste venres, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Diputación de Lugo, Darío Campos, visitaron os resultados das obras acometidas acompañados de varios conselleiros.

As actuacións en ambas rúas supuxeron un investimento de 250.327 dos cales, 196.700 euros foron aportados pola Diputación de Lugo a través do Plan Único 2017 e o restante polo Concello de Monforte. Así, o investimento realizado foi de 84.173 euros para na Rúa Estrella e 166.154 na Conde.

No tocante á Rúa Conde o alcalde declarou que, “a pesar de ser céntrica e de que pertence ao casco histórico da cidade, sempre foi a grande esquecida, e non se recorda ningunha obra de mellora en décadas”. A Rúa Estrella destaca pro ser unha vía fundamental da cidade pois comunica dúas grandes rúas da cidade como son Roberto Baamonde e Benito Vicetto.

traballos acometidos

Os traballos realizado nas vías foi levada a cabo para reducir a perigosidade existente polo mal estado das rúas, mellorar a súa accesibilidade ás vivendas, regularizar as condicións do tráfico, renovación integral do pavimento e o arranxo e colocación de beirarrúas.

 

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...