HomePolíticaOs senadores do PP denuncian a xestión do Goberno na evacuación dos...

Os senadores do PP denuncian a xestión do Goberno na evacuación dos veciños da Pobra do Brollón en Perú

Os senadores do PP por Lugo, Rosa Arza, José Manuel Barreiro e Manuel Lorenzo Varela destacan a incerteza que sufriron estes lucenses e outros españois en Perú ante a falta de respostas da Embaixada Española e “os gastos engadidos que tiveron que afrontar, do seu propio peto, ao perder todos os voos e demais conexións que tiñan contratadas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran os populares que os afectados víronse “obrigados a facer presión a través das redes sociais para que o Goberno de España lles facilitase algunha solución”. Indican que estes veciños “foron coñecedores de primeira man de que cidadáns alemáns xa estaban a ser evacuados, cando aos españois o Goberno central respondíalles que tiñan que esperar”.

Os senadores populares queren saber se o Goberno de España fixo todo o posible para evacuar aos lucenses atrapados en Arequipa no menor tempo posible. Preguntan se “o Goberno de España considera que a resposta da Embaixada foi apropiada e coherente coa situación que estaban a vivir os lucenses en Perú”.

Arza, Barreiro e Manuel Lorenzo poñen de manifesto que “foi unha intervención inoperativa e ineficaz ao tardar tantos días en evacuar aos lucenses atrapados en Perú.” Queren saber tamén que vai facer o Goberno de España para compensar a estes tres lucenses que tiveron que afrontar gastos extraordinarios pola noites de hotel debido á longo espera para ser evacuados.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...