HomePolíticaA Deputación de Lugo achega 80.000 euros para a construción do novo...

A Deputación de Lugo achega 80.000 euros para a construción do novo cemiterio de Quiroga

O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, asinou este mércores 21 de decembro un convenio de colaboración co Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trala sinatura do convenio de colaboración coa achega de 80.000 euros, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, afirmaba que esta colaboración económica chega “para que poidan ofrecer máis e mellores servizos públicos aos seus veciños e veciñas”.

Esta primeira achega forma parte dun plan plurianual de 358.160 euros que axudarán ao Concello de Quiroga a dotar ao camposanto de 1.138 unidades de enterramento máis –entre panteóns e nichos-, novos accesos, zonas axardinadas, un local de culto, aseos, almacén e peche.

“Unha obra importante, para a que o Alcalde nos pediu colaboración, e á que hoxe lle damos cumprida resposta, para que os veciños e veciñas de Quiroga poidan dispoñer dos servizos que precisan”, subliñou Tomé Roca, que explicou que esta é a forma de traballar da Deputación. “O investimento que formalizamos aquí é un exemplo do modelo de xestión e de facer política que practicamos na institución provincial”, sinalou tamén.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...