HomePolíticaPedáneos e Equipo de Goberno de Quiroga reúnense polo Nadal

Pedáneos e Equipo de Goberno de Quiroga reúnense polo Nadal

Esta semana celebrábase o xantar que os alcaldes de barrio de Quiroga realizan co Equipo de Goberno. Trátase dunha xuntanza anual que, ademais de celebración destas festas, serve para traballar posto que cada pedáneo traslada as suxerencias ou necesidades máis inmediatas que ten o núcleo ao que representa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, aproveitou a xuntanza cos delegados de Alcaldía do pasado 27 de decembro, unha das máis numerosas posto que participaron máis de medio cento de alcaldes de barrio, para agradecerlles a todos eles o traballo que realizan e o formar parte do seu equipo durante estes 36 anos que leva ao fronte do goberno quirogués.

O rexedor local quixo recalcar que todos eles forman parte de Quiroga e do seu goberno, “Quiroga non é só unha parte da rúa Real, dende o Bar As Palmeras ata o Bar Zorro, Quiroga son todos e cada un dos 121 pobos e algún deles está situado a máis de 20 quilómetros da vila.” 

Esta será a última comida con alcaldes de barrio que presida Julio Álvarez, posto que non se presenta ás eleccións municipais, polo que quixo pedir desculpas se nalgún momento non se puido cumprir ou atender o 100% das peticións dos pedáneos, pero comprometeuse a tentar cumprir as deste ano igual que se tentou nos anos anteriores. Por iso expresou tamén o seu desexo de que o novo equipo que colla as rendas do municipio continúe na liña de “coidar e atender a Quiroga, unha Quiroga que está formada por todos os seus pobos”. O rexedor rematou dando as grazas a todos os pedáneos por colaborar cun equipo que tivo “a honra de presidir durante 36 anos e que sempre defendeu a Quiroga, que é o máis importante”.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...