InicioPolíticaAgroma Sober vota en contra do orzamento do concello para o 2023

Agroma Sober vota en contra do orzamento do concello para o 2023

O concello de Sober aproba o orzamento para 2023, cos votos a favor do PP, abstención do PSOE e votos en contra das dúas concelleiras de Agroma Sober. O orzamento ascende a 3,1 m €, algo máis de 354.000 € ca no exercicio anterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Eses 354.000€ a maiores débense principalmente ao aumento da previsión de recadación de impostos directos (+ 117.000 €), transferencias de capital (subvencións) previstas doutras Administracións (+163.164,24 €) e aumenta un 5% a participación dos Concellos nos tributos do Estado, que supón 55.771 € máis. No plano de gastos, isto trasládase a un aumento dos investimentos reais e ao persoal: aplicación da suba do 2,5% dos e das empregadas públicas; novas prazas (4), creadas polo Depuemprego ou con axudas da Xunta (administrativo de oficinas xerais, técnico/a de xestión de biomasa, técnico/a de deportes, técnico/a de turismo).

Agroma Sober sinala que “existe un informe desfavorable de intervención sobre o orzamento presentado, no que tamén se dá conta de que o Concello aínda non dispón dunha Relación de Postos de Traballo, instrumento técnico idóneo e obrigatorio para poder modificar o contido e valoración económica de cada posto de traballo”. Desde Agroma Sober aseguran non opoñerse á suba salarial pero consideran que o orzamento se debería ter presentado unha vez aprobada a RPT.

En canto aos programas de gasto, consideran necesario reforzar as áreas de fomento de emprego e desenvolvemento rural para impulsar a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local contando con todos os axentes do Concello, “Hai grande disparidade de gasto entre o adicado a Turismo (105.000 €) e a desenvolvemento rural (2000 €). Hai que apoiar a todos os sectores económicos do Concello non só ao turismo, propoñemos, no apartado de subvencións, crear bonos para uso no comercio local. Para facer fronte á inflación e apoiar o pequeno comercio da localidade.”

En canto aos investimentos, Agroma Sober entende necesario un plan para o arranxo de estradas e camiños para dar prioridade a puntos máis estragados e perigosos. Destacan e concordan coa ampliación do PAI, que pasaría a ser escola infantil, con 40 prazas e separación de aulas, así como cociña, o que esixe aumento de persoal e retribucións. Finalmente defenden redicir gastos en alumeados e outros como publicidade e aumentar o gasto social, coa creación de praza de Educador/a Social.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...