HomePolíticaO BNG insta a actuación urxente do MITMA na N-540, que une...

O BNG insta a actuación urxente do MITMA na N-540, que une Lugo e Ourense

A frente nacionalista reclama a intervención do Ministerio de Transportes para a reparación integral do asfalto e solucionar os problemas de seguranza viaria, sobre todo no termo municipal de Chantada, permitir un acceso adecuado ao polígono industrial do concello que favoreza a instalación de novas iniciativas empresariais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas en que reclama a mellora do firme da N-540 que conecta Lugo e Ourense, após o seu empeoramento por mor do temporal que recentemente padeceu a comunidade.

A estrada de titularidade estatal que representa a principal alternativa para ir de Lugo a Ourense, a N-540, leva décadas en mal estado e sen contar co adecuado mantemento. O temporal agravou a situación e engadiu novas fochancas que aumentan o risco de sufrir un accidente e pon en risco e vida das persoas usuarias da vía.

“A pesar das continuas denuncias e queixas por parte de colectivos, autoridades locais, das persoas usuarias e por parte do propio BNG, o Ministerio de Transporte segue sen levar a cabo algún tipo de actuación que poña fin ao mal estado do firme” denuncia o deputado do BNG. Para Rego, “a grave situación merece da intervención urxente do Goberno do Estado a través dunha reparación integral do firme estabelecendo un calendario urxente e comezar coas obras antes do posíbel”.

Ademais de demandar a actuación estrutural da N-540, a organización nacionalista destaca a necesidade de realizar unha actuación específica no termo municipal de Chantada. O responsábel local do BNG no Concello, Manuel Moure Montes, urxe a actuación nesta estrada até o polígono industrial de Chantada polo seu elevado número de fochancas. “De non actuar, estarase prexudicando gravemente á localidade de Chantada e a posibilidade de que novas iniciativas empresariais se asenten no concello e creen máis emprego” recrimina Moure

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...