HomePolíticaComo chamarlle á Praza da Rúa Lago en Quiroga?

Como chamarlle á Praza da Rúa Lago en Quiroga?

O BNG de Quiroga presenta unha moción para impulsar unha consulta pública na que as quiroguesas e quirogueses se pronuncien sobre o futuro nome que levará a coñecida ata agora, de forma informal, como Praza da Rúa Lago. Os nacionalistas propoñen 3 posibles nomes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG propón que este lugar na intersección entre a rúa Lago e a rúa Real se chame Praza Casa do Cacharreiro, Praza de Xoán Rolo ou Praza da Barbería, “Este espazo público estase rematando de condicionar e dálle vida a un recuncho urbano da localidade con moita historia no que estivo a Casa do Cacharreiro, unha popular barbería e a coñecida como “Casa do Manueliño”, que era do pai do Xoán Rolo (José Antonio Rodríguez López), ben coñecido pola súa faceta intelectual, humanista e como cronista de Quiroga”, aseguran desde o BNG.

Piden, polo tanto, que o concello promova unha consulta pública sobre este tema e paralelamente poñen en marcha a iniciativa na plataforma change.org para que a xente apoie o buscarlle nome a este espazo a través dunha consulta á veciñanza.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...