HomePolíticaClaudio Garrido, candidato de Camiña Sarria, quere gañar concelleiros para "maior estabilidade"

Claudio Garrido, candidato de Camiña Sarria, quere gañar concelleiros para “maior estabilidade”

Os máis de 75 asistentes á primeira Asemblea Xeral de Camiña Sarria tras a súa constitución como partido político proclamaron na noite deste luns ao actual alcalde, Claudio Garrido, como candidato á Alcaldía para as Eleccións Municipais do vindeiro 28 de maio e elixírono como presidente do Comité Executivo, principal órgano de dirección do partido entre asembleas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun concorrido acto celebrado no restaurante Mar de Plata, os asistentes asignaron tamén os outros catro cargos con responsabilidade no Comité Executivo: Dolores Camino (vicepresidenta), Isabel Vergara (voceira), José Escudero (tesoureiro) e José Soto (secretario).

Tras ser proclamado candidato á Alcaldía, Claudio Garrido agradeceu “o apoio e a confianza” dos afiliados e simpatizantes e marcou para o 28 de maio “o obxectivo de ampliar o número de concelleiros para gobernar con maior estabilidade e autonomía”. O alcalde considera que “Camiña Sarria é claramente a opción gañadora e o principal rival a bater polas demais forzas políticas nas Eleccións Municipais”, polo que augurou “unha campaña de todos contra un.”

“Tras o traballo realizado nun mandato moi complicado por mor da pandemia e a crise derivada da guerra en Ucraína, Camiña Sarria é a única opción política cun futuro claro, cun liderazgo sólido e con forza e credibilidade para responder ás necesidades da veciñanza”, afirmou Garrido, quen sinalou como logros da xestión de goberno con Camiña Sarria, “a apertura da Ponte Ribeira, a recuperación do servizo 24 horas da Policía Local, a posta en marcha da piscina climatizada, o mantemento da rede viaria no rural, a renovación do alumeado con tecnoloxía LED e o aforro enerxético, a aprobación dos primeiros orzamentos municipais desde 2015 ou a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do concello, entre outras actuacións.”

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...