HomePolíticaO PSOE do Incio quere rehabilitar o teleclub de Reboiro coas axudas...

O PSOE do Incio quere rehabilitar o teleclub de Reboiro coas axudas para combater o feismo

Esta infraestrutura de titularidade municipal, consideran os socialistas, que cumpre a esencia das axudas convocadas pola Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de publicar a convocatoria e bases dunha nova edición das axudas dirixidas a concellos para combater o feismo nas infraestruturas de titularidade municipal.

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Incio insta ao goberno local a que solicite unha axuda ao abeiro desta liña de subvencións para a rehabilitación e posta en valor do Teleclub ubicado no centro da parroquia de Reboiro, á beira da igrexa. Consideran “que é de interese armonizar as edificacións públicas cos bens de interese cultural, como é o caso da igrexa, o que redundará nunha mellora estética do entorno.”

A referida axuda pode acadar o 70% das actuacións ata un límite de 20.000€, desde o PSOE consideran que unha vez rehabilitada esta edificación podería poñerse a disposición da veciñanza para o seu uso e disfrute

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...