HomePolíticaO barrio da Estación de Monforte sen auga e o PP leva...

O barrio da Estación de Monforte sen auga e o PP leva a pleno a demanda de solucións

O grupo municipal do Partido Popular presentará, na sesión do pleno da Corporación do próximo luns, 30 de xaneiro, unha iniciativa para que se solucionen os problemas nas instalacións da traída do barrio da Estación e que se priorice esta zona na renovación da rede de abastecemento”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular e presidenta do PP de Monforte, Katy Varela, suliña que, aínda que se están levando a cabo obras de mellora desta rede, “os continuos cortes de auga son un problema recorrente desde fai tempo debido á antigüidade das instalacións de abastecemento”. A concelleira alude ás interrupcións do suministro en diferentes rúas do casco urbano, “que se viron afectadas en datas recentes, como foron a rúa de Ourense, O Casar, a rúa Corredoira, a rúa Escultor Francisco Moure, e o barrio da Estación e o Morín”. Esta zona sufriu tres averías importantes en menos dun mes deixando sen auga durante horas a particulares e negocios.

Katy Varela apunta que “despois de oito anos de goberno, o rexedor mostra unha enorme pasividade e vai con atraso na solución deste problema. Asinou un convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica e coa Deputación de Lugo con fondos insuficientes, e que se debe prorrogar cada ano polo atraso da súa execución”.

Varela insta tamén a Tomé Roca para que vele polo cumprimento dos convenios asinados coas institucións e que busque unha solución global a este problema no que participen todas as administracións. “É manifesto que a Xunta de Galicia xa mostrou a súa disposición para colaborar a pesar de que o alcalde de Monforte non fixo caso a esa proposta”, recalca a voceira popular.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...