HomePolíticaO PP avala a Katy Varela como candidata á alcaldía de Monforte

O PP avala a Katy Varela como candidata á alcaldía de Monforte

Katy Varela foi proclamada polo Partido Popular como candidata á alcaldía de Monforte nas vindeiras eleccións municipais. A presentación tivo lugar nunha reunión entre máis de 150 afiliados, nun acto celebrado no Restaurante Don Manuel e no que tamén participaron, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e a presidenta provincial do partido, Helena Candia, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, resaltou o compromiso de Katy Varela con Monforte e co Partido Popular e eloxiou o proxecto que a vai levar a alcaldía. “O apoio que Katy Varela consiga nestas eleccións vai a ser decisivo para a vitoria do Partido Popular na provincia”, comentou o vicepresidente. Francisco Conde recalcou que “Katy Varela, o seu equipo e Monforte contan e contarán co respaldo da Xunta de Galicia. Un apoio que é evidente en diferentes sectores económicos como na viticultura, o turismo, ou o patrimonio cultural, así como na xeración de emprego e na instalación de novas industrias, apostas e inversións que redundan no beneficio da capital da Ribeira Sacra”.

A actual presidenta local do PP de Monforte encabezará por segunda vez a lista dos populares no municipio. Katy Varela é abogada de profesión, traballou na rede comercial de Abanca, e na actualidade forma parte do gabinete do delegado da Xunta en Lugo como asesora xurídica. A candidata conta cun equipo “que presenta un proxecto comprometido con Monforte, que traballará para recuperar a alcaldía, volver a gañar a confianza dos veciños e veciñas do municipio, dar resposta as súas necesidades e ser unha alternativa real de cara as próximas eleccións municipais”. A popular subliñou que “non se están afrontando os auténticos problemas e retos aos que se enfrenta Monforte, como poden ser o declive demográfico e económico, a situación urbanística e o mal estado da rede de abastecemento e saneamento”.

Tamén puxo como obxectivos prioritarios a fixación de poboación nova, a integración dos emigrantes e un maior coidado aos nosos maiores, “especialmente na atención de axuda a domicilio, que nesta ciade acumula máis de cen persoas en espera de recibir o servizo”, aclarou Varela.

PP candidatura 2023/ PP Monforte

A candidata popular insistiu que ante a actual situación na que se atopa a rede de abastecemento e saneamento da auga “este será, sen dubida, outro dos grandes eixos do Partido Popular de Monforte cando chegue á alcaldía”. Puxo tamén o acento noutro reto a afrontar por parte dos populares monfortinos “a recuperación dalguns barrios que, a pesar de varias melloras urbanísticas, precisan dun plan de rehabilitación urxente, como pode ser a zona da Estación ou o casco histórico. O que reflicte a falla dun reparto ecuanime dos recursos para mellorar o urbanismo local”. Varela proporá a recuperación da xestión municipal en materia de Turismo que na actualidade está externalizada, “co que se pretende explotar un dos principais activos económicos que ten Monforte como capital da Riberia Sacra”.

Ao acto tamén asistiron Javier Arias, delegado de la Xunta en Lugo; Javier Vázquez Nodal, secretario general del PP provincial; José Manuel Balseiro, coordinador do PP provincial; o diputado Jaime de Olano, o senador José Manuel Balseiro, a diputada autonómica Raquel Arias, o ex alcalde monfortino Nazario Pin e os alcaldes da comarca.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...