HomePolíticaJosé Antonio García, candidato socialista en Samos "lonxe do Falcon Crest familiar...

José Antonio García, candidato socialista en Samos “lonxe do Falcon Crest familiar do PP”, asegura Tomé

José Antonio García Jurjo é o candidato socialista á alcaldía de Samos nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. García Jurjo, natural de Santalla de Lóuzara, reside en Samos, e compaxina a súa actividade profesional como graduado social, que exerce na localidade dende o ano 1991, co seu posto como Tenente de Alcalde no Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Antonio García Jurjo ten longa experiencia na política municipal de Samos, concelleiro dende o ano 2007, a partir do 2011 asume as funcións de tenente de Alcalde. García Jurjo traballou para promover diferentes iniciativas culturais e de recuperación do patrimonio de Samos, colaborando na creación do roteiro literario Fiz Vergara ou apostando pola posta en valor das covas de Santalla. Tamén foi creador e promotor da feira de artesanía e produtos naturais de Ponte de Lóuzara.

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, sinalou que García Jurjo “representa o mellor do compromiso galeguista e socialista do PSdG cunha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos ó nivel que se merece, lonxe do Falcon Crest familiar que quere montar o Partido Popular”.

Entre as propostas o candidato detaca a importancia de impulsar “o gran potencial de Samos, que é a gandería, o sector forestal e o turismo”. Neste sentido, considera fundamental seguir apostando pola promoción do Camiño de Santiago “cun modelo que teña en conta as necesidades de cada concello. Queremos mellorar na promoción do turismo acentuando os aspectos locais, os atractivos de Samos”.

No sector forestal e medioambiental considera imprescindible contar “cunha estratexia de prevención e loita contra o lume eficaz, que aposte pola limpa e o coidado do monte todo o ano, na que os concellos imos colaborar, pero na que a Xunta ten que cambiar todo aquelo que non funciona”. Anunciou tamén medidas de limpeza dos ríos e de loita contra enfermidades e pragas do castaño.

No eido social, propón medidas para fixar poboación no rural, “con incentivos á natalidade, melloras no servizo de axuda no fogar e no coidado ós nosos maiores, e a promoción do emprego, que permita ós mozos e mozas desenvolver o seu proxecto persoal e profesional neste concello”.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....