J. Germán Vázquez repite como candidato de Esperta Monforte con Manolo Martínez de número 2

A formación fixo públicos os 4 primeiros nomes da súa candidatura. Acompañan a Vázquez e Martínez, de número 3, María Isabel García Díaz e de número 4, Teresa Rodríguez Rodríguez (Teresa de Chavaga)

Esperta Monforte pleno / XdL

O resto dos compoñentes da candidatura de Esperta Monforte daranse a coñecer próximamente. O partido asegura que quere reflexar o seu compromiso con Monforte “lonxe de direccións nacionais e con persoas comprometidas co concello e coa vida social do municipio.”

Neste senso, Jaime Germán Vázquez, actual concelleiro e voceiro de Esperta Monforte en substitución da baixa de Maribel, é empresario e no seu día membro do CCU; Manolo Martínez, vinculado na súa vida profesional á educación pública e ao deporte, levando o nome de Monforte ao deporte de élite; a que fóra concelleira de Esperta, Maribel é enfermeira no Hospital de Monforte e unha das fundadoras da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e Teresa de Chavaga dirixe unha residencia da terceira idade e defínese como defensora da ecoloxía.

Esperta Monforte creouse hai máis de 10 anos, “para defender o patrimonio histórico, a ecoloxía e a humanización da cidade; tratando de diminuír o tráfico rodado no centro urbano.” Esperta Monforte demandou sempre a peonalización da Ponte Vella e deixou de manifesto a súa frontal oposición a unha nova ponte no Malecón. Esperta propón a prolongación da Estrada da Circunvalación ata a N-120, cunha ponte á altura do IES A PInguela, “que sería a ponte sur de desconxestión do tráfico na cidade.”

Entre outras cousas esta formación política, asegura que “aposta pola rehabilitación urbanística, en contra de bolsas de edificacións no centro da cidade e por facer dos núcleos parroquiais lugares atractivos para a xuventude.”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here