HomePolítica"Porque cumprimos", lema da campaña de Camiña Sarria para estas eleccións

“Porque cumprimos”, lema da campaña de Camiña Sarria para estas eleccións

Camiña Sarria reuniu este domingo a case 150 afiliados, simpatizantes e colaboradores na contorna da piscina climatizada para presentar o lema da campaña para as eleccións municipais do 28 de maio, “porque cumprimos”, co que a candidatura encabezada por Claudio Garrido pretende “lembrar e poñer en valor as principais promesas realizadas en 2019 que hoxe son feitos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato a revalidar a alcaldía, Claudio Garrido, resaltou que “a pesar das dificultades de gobernar en minoría e dos continuos obstáculos que tratou de poñer a oposición máis obstrucionista e destrutiva dos últimos mandatos”, entre os principais logros destes catro anos figuran os seguintes: “a apertura da Ponte Ribeira despois de oito anos pechada ao tráfico; a posta en funcionamento da piscina climatizada, que xa conta con máis de 1.000 usuarios; o reforzo da seguridade cidadá coa recuperación do servizo nocturno da Policía Local; a aprobación dos primeiros orzamentos municipais en cinco anos; as múltiples obras de acondicionamento da rede viaria do rural; o reparto das subvencións aos clubs e entidades deportivas; a creación da Concellaría do Camiño para corrixir o abandono e deterioro do Camiño; e a adquisición da Feculeira para a súa posterior conversión nun gran espazo cultural”.

Respecto ás expectativas electorais para o 28 de maio, Claudio Garrido sinala, “Afrontamos esta recta final da precampaña e a propia campaña con grande optimismo, polo que non queremos poñernos teito de votos e concelleiros. A veciñanza na rúa recoñécenos cada día o traballo realizado e trasládanos moi boas sensacións e o desexo de que Camiña Sarria alcance a maioría e poida gobernar en solitario para aportarlle estabilidade ao futuro de Sarria”.

Por último, Claudio Garrido espera que a constitución da coalición Contamos acabe coa actual situación na Deputación, “O único obxectivo é conseguir un deputado provincial que sexa chave e que defenda realmente os intereses de Sarria no organismo provincial. Por iso en Sarria precisamos unha maioría o máis ampla posible non só para gobernar en Sarria con independencia e estabilidade, senón tamén para facer posibles os obxectivos de Contamos na deputación”, argumentou Garrido.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...