HomePolíticaEste 21 de abril ás 21.00h preséntase en Chantada a candidatura dos...

Este 21 de abril ás 21.00h preséntase en Chantada a candidatura dos socialistas ás municipais

O acto será presentado polo concelleiro, José Luís Vázquez Hermida "Jisi" e terá lugar este venres, 21 de abril, a partir das 21,00 horas no Círculo Recreativo Cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación socialista de Chantada presenta a súa candidatura ás eleccións municipais nun acto público aberto a toda a veciñanza. Contarase coas intervencións do candidato á alcaldía, Mariano López Nieves, o presidente da Deputación Provincial, José Tomé Roca, a deputada Pilar García Porto e membros da candidatura.

Aseguran os socialistas que con este acto de presentación “dan comezo de xeito oficial á carreira cara os comicios do 28 de maio nos que agardamos ter o respaldo necesario para acceder á alcaldía. Levamos meses traballando e o venres daremos a coñecer o equipo humano que acompañará o compañeiro Mariano neste proxecto que, agardamos, materialice a ilusión polo cambio que se percibe en Chantada.”

ÚLTIMAS

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...