InicioPolíticaClaudio Garrido: "A liquidación de 2022 proba que os cobros do IBI...

Claudio Garrido: “A liquidación de 2022 proba que os cobros do IBI nunca entraron no concello”

O alcalde de Sarria considera que o presidente da institución provincial “debía ter devolto os cartos no mes de decembro, cando resolveu anular ditos cobros, pero decidiu retrasalo ata o período electoral para tratar de sacar réditos partidistas”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sarria convoca á comisión especial de contas para o día 24 de abril para dar conta da aprobación da liquidación do orzamento xeral do Concello e da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme correspondente ao exercicio de 2022, aprobada por decreto da Alcaldía o pasado día 31 de marzo “dentro do prazo legalmente establecido e enviado en tempo e forma aos organismos fiscalizadores correspondentes”, asegura o alcalde. Para o día 27 celebrarase pleno ordinario para tratar este asunto.

A liquidación deixa uns remanentes de tesoureiría para gastos xerais de 4.935.833,98 euros, o rexedor local destaca que “a liquidación constata que os cartos recadados polo IBI dos anos 2016, 2017, 2018 e 2019, cobrados pola Deputación de Lugo nos meses de xuño e xullo de 2022 e que ascendían a aproximadamente 1,2 millóns de euros -arredor de 300.000 euros anuais-, nunca chegaron a entrar nas contas do concello, senón que sempre estiveron e seguen a estar nas contas da Deputación”.

Garrido apuntou que a liquidación demostra que as “insinuacións e afirmacións realizadas reiteradamente por algúns partidos da oposición reclamando e preguntando ao goberno local onde estaban os cartos do IBI e solicitando a inmediata devolución o que pretendían era enganar aos afectados”. Ademais, subliñou que a anulación das liquidacións deses catro anos foi solicitada formalmente polo Concello de Sarria, “non por ningunha plataforma”.

Para Claudio Garrido é lóxico que a Deputación devolva os cartos “é lóxico porque foi a que tivo eses cartos en todo momento, xa que nunca chegaron ás contas do concello. A Deputación é quen ten que devolver os importes cobrados porque tamén foi quen ordeou os cobros, a pesar de ter coñecemento da sentenza previa que apuntaba que os recibos fóran cargados fóra de prazo”, insiste.

Garrido segue falando de “indignación pola utilización partidista que José Tomé está a realizar do servizo de recadación da Deputación, posto que el mesmo resolveu en decembro de 2022 a anulación das liquidacións. Aí debeu realizar as devolucións deses importes aos afectados, pero optou por dilatar o proceso e reter os cartos da xente para converte a súa devolución en propaganda electoral”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....