HomePolíticaIxQ presenta unha candidatura "que mestura veteranía e xuventude"

IxQ presenta unha candidatura “que mestura veteranía e xuventude”

O candidato de Independentes por Quiroga, José Luís Rivera presenta a súa candidatura coa que concorrerán as eleccións municipais do 28-M. En palabras de Rivera "trátase dun equipo que mestura veteranía e xuventude de persoas preparadas para traballar dende o primeiro día polos veciños de Quiroga",

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato, José Luis Rivera, móstrase “esperanzado en que poderán darlle un novo rumbo a vila quiroguesa.” Como número dous da candidatura figura Luís Manuel Arias González, coñecido como “Cañero” formou parte da corporación municipal de Quiroga durante esta lexislatura e é graduado en Inxeñería Forestal e do Medio Natural.

No número tres, Maite Pérez, nai e veciña de Quiroga dende hai moitos anos, enfermeira de formación e traballa como tanatopractora e docente de formación profesional para o emprego. Co número catro Fabio Folla, emprendedor do sector agrícola e forestal ligado ao sector primario do concello.

Co número cinco Gloria González del Pont, veciña de Pacios de Quiroga é profesora no CESUGA e licenciada en literatura comparada. Co número seis Ana Isabel Arza, licenciada en dereito e veciña de Hospital – A Ribeira, síguea na lista María del Carmen Aira Cabo, xubilada do Servizo de Axuda no Fogar, Pedro Rivera, funcionario de prisións veciño de Carballo do Lor, Jorge Martínez González hosteleiro, Emma Rodríguez Maseda veciña de Conceado do Lor enfermeira de formación e exerce como docente na UDC e para pechar a candidatura Tatiana Vega veciña de Sobrado do Lor é licenciada en dereito e continúa formándose.

Concorren como suplentes Antonio Nogueira, xefe de produción nunha multinacional, Maria Carmen Expósito, xubilada como auxiliar de clínica e Emilio Baldonedo xubilado do sector das telecomunicacións. “Unha candidatura ampla e representativa de todos os sectores de Quiroga”, conclúe o candidato.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...