HomePolíticaO PP de Bóveda presenta unha candidatura "cun equipo firme e caras...

O PP de Bóveda presenta unha candidatura “cun equipo firme e caras mozas”

José Manuel Arias, aspirante a repetir na alcaldía, di que será un obxectivo prioritario seguir na liña de creación de emprego dos últimos anos e promover máis solo industrial para atraer máis empresas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidatura do PP de Bóveda para as eleccións municipais preséntase como, “A experiencia dos que mellor coñecen o territorio e os problemas dos veciños xunto ás ideas frescas dos mozos e mozas que inician a súa andaina neste equipo de traballo da política local”, explica o aspirante a repetir na alcaldía, José Manuel Arias López.

Arias afirma que a candidatura popular de Bóveda é “un equipo firme, integrado por veteranos eficaces na xestión local, que son os que mellor coñecen todo o territorio e tamén os problemas a resolver que hai en Bóveda”. Asegura que “a lista integra caras novas, mozos e mozas, que aportan ideas e que servirán aos seus veciños ao lado dos veteranos.”

Desde a candidatura aseguran que teñen como obxectivo o impulso da creación de máis solo industrial e doutras medidas que favorezan a creación de emprego no municipio e tamén atraendo máis empresas. “O próximo mandato ten que ser o de potenciar ao sector agrogandeiro”, afirma o candidato que anuncia que, se volve a desempeñar a alcaldía, xestionará “a mellora dalgúns servizos municipais”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...